Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2009

PROXECTO COMENIUS

Un grupo de profesores do IES de Tomiño está participando, en colaboración con centros de varios países europeos nun proxecto Comenius. O noso proxecto titúlase « Os Medios de comunicación, unha canle para Europa » (Les médias: un canal pour l'Europe). Este traballo ten como obxectivo sensibilizar ao alumnado (14-17 anos) acerca da súa pertenza a Europa, mediante o uso dos medios de comunicación (prensa, televisión, internet, radio), facilitar o diálogo intercultural, favorecer a educación e desenvolver unha posición crítica cos medios de comunicación. Neste proxecto bianual está previsto realizar diferentes actividades: · enquisas · revista de prensa (analizar como un mesmo suxeito é tratado nos diferentes países europeos) · concursos de fotoperiodismo · colaboración con profesionais dos medios de comunicación · elaboración dunha Primeira Páxina · creación dun Xornal · análise de medios de prensa europeos en diferentes formatos Consulta a páxina do Comenius aquí Este sitio web, co

Intercambio escolar 2008-2009

Un curso máis o Departamento de Francés organiza o Intercambio Escolar co centro francés Lycée Fénelon de Clermont-Ferrand. O noso grupo estará formado por 39 alumnos e alumnas, de 3º e 4ºESO e de 1º de bacharelato, e tres profesores: Mª Jesús Gándara (Tecnoloxía), Carlos Villanueva (Bioloxía) e Anxos García (Francés). O grupo francés consta de 36 alumnos e alumnas do nivel correspondente a 4ºESO, que cursan a sección europea en español, e tres profesoras. A responsable da actividade en Fénelon é a profesora de español Nadine Corny. Primeiro terá lugar a estadía do grupo francés en Tomiño, do 10 ao 18 de marzo. Despois será a nosa visita a Clermont, do 19 ao 30 de abril. Na imaxe, vista de Clermont-Ferrand. Este ano será moi especial, xa que celebramos o décimo aniversario desta actividade, que se vén realizando cada dous anos desde 1998.