Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2019

24 de outubro, Día das Bibliotecas

Somerxidos no curso 2019/2020, a Biblioteca do IES Antón Alonso Ríos comezou este período como centro de nova incorporación ao PLAMBE , Plan de mellora de bibliotecas escolares. No noso proxecto, segue sendo clave a realización de actividades de formación de usuarios autónomos da biblioteca e de fomento da lectura. Para celebrar o Día das Bibliotecas , neste 24 de outubro queremos invitar á lectura e formar como usuarios ao persoal laboral do noso instituto, porque o seu grao de implicación coa lectura e o aproveitamento que fagan da biblioteca será importantísimo para facilitar que o noso alumnado acceda tamén a estes recursos.  Que argallou o Equipo de Biblioteca? Invitou a café e repartiu sorbos de lecturas : suxestións lectoras para o persoal docente e o de administración e servizos para celebrar o Día das Bibliotecas. E por se se animan a pasar polo biblio e darlle unha oportunidade ao libro que lle recomendamos, tamén os convidamos a unha formación de usuarios só para el

Tres, dous, un... Clubs de Lectura 19/20

Xa houbo primeira vez dos Clubs de Lectura 2019/2020. Son tres os grupos lectores neste curso: - grupo de 1º e 2º ESO (15 integrantes) - grupo de 3º ESO, 4º ESO, Bacharelato e FP (9 integrantes) - grupo de adultos  (9 integrantes) Para comezar as xuntanzas, nada como buscar un bo principio. Debatemos sobre o que nos ten que dar un libro no seu comezo para que piquemos no anzol. Seica estes son grandes comezos, grandes íncipits da historia da literatura. En grupos, buscámolos na nosa biblio -porque sabemos moito da CDU...!-, lemos o íncipit e valorámolo. Igual os gustos están cambiando moito nas novas xeracións, porque ao alumnado non lle din moita alá moita cousa as primeiras palabras ou liñas de grandes obras da literatura universal.  Os tres clubs quedamos en ler con puntos de conexión. Neste primeiro trimestre, a unión quere ser o humor. Disque as obras propostas espertaron o riso noutros lectores. E a nós? Somos de risa lixeira? Será un libro capaz de facernos chorar