Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta conmemoracións

24 de outubro, Día das Bibliotecas

Somerxidos no curso 2019/2020, a Biblioteca do IES Antón Alonso Ríos comezou este período como centro de nova incorporación ao PLAMBE , Plan de mellora de bibliotecas escolares. No noso proxecto, segue sendo clave a realización de actividades de formación de usuarios autónomos da biblioteca e de fomento da lectura. Para celebrar o Día das Bibliotecas , neste 24 de outubro queremos invitar á lectura e formar como usuarios ao persoal laboral do noso instituto, porque o seu grao de implicación coa lectura e o aproveitamento que fagan da biblioteca será importantísimo para facilitar que o noso alumnado acceda tamén a estes recursos.  Que argallou o Equipo de Biblioteca? Invitou a café e repartiu sorbos de lecturas : suxestións lectoras para o persoal docente e o de administración e servizos para celebrar o Día das Bibliotecas. E por se se animan a pasar polo biblio e darlle unha oportunidade ao libro que lle recomendamos, tamén os convidamos a unha formación de usuarios só par...

Na semana do libro e a lectura

Estes días estivemos ofrecendo diversos xogos e concursos para celebrar o Día do Libro, entre eles adiviñar actrices e actores que aparecían nun panel lendo, levar libros liberados mediante bookcrossing, e agora ademais, durante os recreos desta semana, obradoiro de marcalibros e outras manualidades para personalizar os nosos exemplares, envolver para regalo, etc. No multiusos - antiga cafetería.

Homenaxe a Antón Alonso Ríos

O pasado mes de novembro de 2016 Tomiño elixiu por votación popular recoñecer a labor e a aportación do persoeiro Anton Alonso Ríos bautizando o noso instituto co seu nome. Estes días o Concello celebra no noso centro unhas xornadas adicadas a rendir tributo e lembranza a esta figura fundamental da historia de Tomiño, do Baixo Miño e de Galicia no campo do ensino e da política no movemento agrarista durante a II República. Antón Alonso Ríos naceu en Silleda en 1887 no seo dunha familia labrega. A pesares do seu orixe humilde foi quen de cursar maxisterio, mostrando dun xeito temprano un grande interés polo ensino, e estudou da mán de un dos académicos máis destacados da época, Víctor Fraiz Andión. Desenvolveu a súa vocación educativa na Arxentina, onde emigrou e comezou a súa actividade en torno ao asociacionismo galego na emigración e co movemento agrarista. De volta en Galicia foi director da escola da emigración “Aurora do Porvenir” de Tomiño. Os seus métodos i...

Celebramos o Día do libro 2017

A semana anterior e posterior ao Día do libro, o 23 de abril, que este ano foi domingo, un espazo da zona central do noso centro foi o punto de encontro no que crear precioso libriños de papel e onde atopar libros libres para regalar ou levar ( http://www.bookcrossing.com/ ); máis de 350 exemplares que levarán o nome do IES Antón Alonso Ríos polo mundo. Tamén púidose participar nun concurso no que adxudicar aos profesores a súa obra preferida, tarea moi dificultosa só conseguida por tres alumnos de 3º ESO. Agardamos xa as sorpresas do ano que vén...

As festas do outono.

O pasado luns pola tarde celebramos no instituto unha mestura de Magosto e Samaín nunha festa á que xa nos afixemos nos últimos anos. Moitos alumnos e profesores comemos no centro os saborosos bocadillos e as castañas que prepararon os alumnos de Forestais e as pizas e sobremesas cuxa esmerada elaboración debemos aos alumnos de 4º ESO que este ano irán de viaxe de fin de etapa. Os que quixeron participaron en deportes tradicionais, animáronse co sempre exitoso karaoke ou se presentaron a algún concurso (cabazas, fotografía...). Todo isto, aderezado coa colorida ambientación que correu a cargo do alumnado e profesores de Plástica.  E, como o de atoparnos os vivos e os mortos nalgún punto do camiño gústanos tanto, xa temos unha escusa perfecta para ler un libro de terror ou fantasmagórico. Todos estes podedes vir buscalos á biblioteca. Relatos breves, contos, lendas... El fantasma de Canterville y otros cuentos , de Óscar Wilde (andel 156, en español). Os Relatos de ...

Feliz Día Mundial da Biblioteca

Hoxe celebramos o Día Mundial da Biblioteca e queremos felicitarvos desde a nosa, aínda que non sexa  tan famosa como a exipcia de Alexandría, a máis grande do mundo na súa época, e da que, como veriades, tedes pinceladas informativas na cristaleira do espazo multiusos do noso instituto. Desde aquela ata as actuais, algunhas belísimas e ultramodernas, as bibliotecas son espazos nos que os libros agardan por nós, a que vivamos a vida das súas palabras. Aquí tedes un vídeo feito pola biblioteca pública municipal de Mota del Cuervo no que se lles rinde homenaxe.

Letras galegas 2016

Celebrando o Día da Paz

Decora a túa aula

Unha vez máis traémosvos ideas para ambientar as aulas, neste caso temos, por un lado, estas propostas de decoración invernal: decoración invernal, en IMAGENES EDUCATIVAS E por outro lado podedes atopar varias propostas interesantes de Nadal: - DESEÑA A TÚA PROPIA ÁRBORE DE NADAL -  ÁRBORES DE NADAL CON MATEIRAIS RECICLADOS - ADORNOS DE NADAL CON MATERIAIS RECICLADOS E para os máis peques, preciosas láminas para colorear: COLOREAR O NADA L

ENNOBELANDO ESPERANZAS

       Así se titula esta exposición de 30 traducións do poema PENÉLOPE de X. Mª DÍAZ CASTRO, que podes ver ata o día 20 de outubro na nosa Biblioteca . Os Equipos de Dinamización Lingüística dos IES Monte Carrasco de Cangas, Carlos Casares de Vigo e Indalecio Pérez Tizón de Tui elaboraron esta homenaxe a Xosé María Díaz Castro no Día das Letras Galegas 2014. Buscando rememorar o carácter de tradutor políglota do autor de Nimbos , pretendíase atopar tradutoras ou tradutores a outras linguas do seu emblemático poema “ Penélope ”. As 30 linguas representadas son: castelán, éuscaro, catalán, asturianu, aranés, portugués, francés, checo, grego clásico, holandés, inglés, italiano, latín, oshiwambo, quechua, romanés, ruso, suahili, sueco, urdu, xaponés, chinés, búlgaro, polaco, alemán, hindi, árabe e mapuche. Con elas elaboráronse paneis para a súa exposición, ilustrados, principalmente, polo alumnado do Monte Carrasco, material logo compilado e presentado...

Celebramos o 23 de abril con música

O vindeiro mércores 23 de abril celebraremos o Día do Libro no noso centro coa visita de Fran Pérez, NARF , compositor e intérprete que reparte a súa actividade entre o mundo da canción, a composición e o teatro. Publicou  varios discos baixo nome artístico de NARF, o último deles "Nas tardes escuras” (El patito editorial, 2013), con poemas de Rosalía de Castro.

Día da Paz

O vindeiro 30 de xaneiro celebraremos o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. Non perdas as actividades programadas para o recreo dese día, entre elas a confección de grous de papel. Nos recreos do luns, martes e mércores podes aprender a confeccionar esta ave, símbolo da paz, no posto que se instalou no vestíbulo. Por se queres ir practicando deixámoste este titorial: Ademais das exposicións que xa podes ver no vestíbulo, o día 30 no recreo, o alumnado de 2º ESO colocará nun gran mapamundi cales son os conflictos que actualmente existen nos diferentes países mundo para que tomemos consciencia da situación. Cara ao final do recreo, todos os que teñan un ou máis grous de papel poderán colocalos no espazo habilitado para iso, como símbolo do seu desexo de paz. Tamén se proxectarán videos como por exemplo este, "Abrazos", e haberá un grupo de persoas que lle darán abrazos a quen os queira recibir.   Sempre é bo reflexionar sobre a importancia da Paz nos noso...

Feliz Samhaín

Convidámosvos a bailar unha DANZA MACABRA nesta noite tan especial.  Camille Saint-Saëns compuxo este poema sinfónico inspirado nun poema de Henri Cazalis , que describe á Morte tocando o violín a media noite sobre unha tumba.  É unha viva melodía a ritmo de vals francés, e ao  seu ritmo acoden os esqueletos dos mortos para danzar. O canto do galo anunciando que nace o día fai que todos regresen ás súas tumbas, volvendo a calma. Para o violín que toca a Morte, Saint-Saëns afinou a primeira corda en mi bemol en lugar do mi natural, por iso ten un sonido tan tétrico. Estrutura: 1- As doce badaladas de media noite: silencio e calma. 2- A Morte sae da súa tumba e afina o violín (notade ese son tan especial, brrrrrrr)... 3- Empeza a tocar: ritmo de vals. 4- As tumbas vanse abrindo e os esqueletos asoman bailando... Todos bailan! 5- A morte volve afinar. 6- Volta ao ritmo de vals. Agora bailan con máis forza. 7. Os esqueletos chocan cos outros nas súas evoluc...

Día da Biblioteca

Aí vén o Maio...

Un ano máis chega o Mes das Letras e con el as actividades de promoción da lingua galega como "Lingua de namorar" ou "Tíralle da lingua" nas que vos animamos a participar. No noso centro celebraremos a Festa das Letras o venres 18 de maio con diversas actividades, xincana, recitado de poemas, entrega de pedras no Milladoiro das Palabras, etc.

Día de Rosalía

O xoves 24 de febreiro, Día de Rosalía, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organiza unha lectura simultánea de textos rosalianos en varias cidades e vilas do país. Estes actos están abertos a todo o público que queira asistir, enviando previamente un correo electrónico á oficina at aelg.org para confirmar que poema vai ler cada asistente, e evitar así eventuais repeticións. - Santiago de Compostela: Panteón de Galegos/as Ilustres, San Domingos de Bonaval, 19:00 horas. - A Coruña: Kiosko Alfonso, 19:00 horas. - Vigo: Casa Galega da Cultura, 20:00 horas. - Lugo: Museo provincial, 19:30 horas. - Betanzos: Salón azul do Edificio do Liceo, 20:00 horas. Colabora a A. C. Eira Vella. - Ferrol: Galería Sargadelos, 19:00 horas. - Ourense. Libraría Torga, 18.00 horas (en colaboración con Gremio LiterAuria). - Pontevedra. Libraría Michelena, 20:00 horas. Podedes ampliar esta información aquí

Centenario de Álvaro Cunqueiro

No 2011 temos unha cita co universo literario e biográfico de Álvaro Cunqueiro: celébrase o centenario do nacemento do escritor.   Recursos e información sobre esta conmemoración AQUÍ A biblioteca pon á túa disposición a obra de Cunqueiro así como estudos sobre o escritor e os seus mundos literarios, e tamén a Fotobiografía Sonora  editada por Ouvirmos que contén numerosos textos, fotografías e dous CD, un traballo fermosísimo da profesora Rexina Vega.

No 2011 será noticia

2011 vai ser o Ano Internacional da Química, tal como decidiron a UNESCO e a IUPAC (Unión Internacional de Química Pura e Aplicada). O lema será: “A química, a nosa vida, o noso futuro”. A química mellorou a nosa calidade de vida desde tempos inmemoriais e en todos os ámbitos da nosa vida: alimentación, potabilización da auga,  recipientes, medicamentos, industria téxtil,  novas tecnoloxías, produtos de limpeza, etc... O 27 de xaneiro será a cerimonia inaugural en París e a partir dese momento comezarán as actividades conmemorativas que se repartirán ao longo do ano en moitos lugares do mundo: conferencias, concursos, exposicións... Hai moitísimas actividades. A listaxe completa atópase na páxina web do Foro Química e Sociedade . O ano 2011 coincide co centenario do Premio Nobel de Química outorgado a Marie Curie . Marie Curie foi a primeira persoa en recibir dous premios Nobel en dous campos diferentes e a primeira muller en ser profesora n...