Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta premios literarios

Tres novidades en lingua castelá, recomendadas para o segundo trimestre

1) El mar , de Patricia García Rojo. Rob tiña sete anos cando o mar levoullo todo. Agora, once anos despois, a xente visita en catamarán os pobos dos tellados onde viven os que, como Rob, decidiron quedar nos terreos que gañou o mar. Para o resto da xente pasaron a ser unha atracción turística, e  é que non todo o mundo entende por que non volveron terra dentro, como os demais sobreviventes. O libro está dividido en cen capítulos curtos e sorprende pola súa construción en círculos que van   desde un feito ancorado na realidade -un tsunami- ata a fantasía dunha pedra rosa con propiedades   máxicas, para demostrar que o mundo non é o que   parece. A autora fala neste vídeo sobre o libro, o resto da súa produción literaria e o que sentiu ao gañar o Premio Angular do 2015. Se queredes ter unha opinión do libro, podedes ver a seguinte  videorreseña . 2) El libro de los rostros , de Ana Alonso y Javier Pelegrín. Unha lectura curta, ...

Bob Dylan, Premio Nobel de Literatura 2016

A recente concesión do Premio Nobel de Literatura por parte da Academia Sueca a Bob Dylan, un músico que a pesar de ser cualificado pola prensa estadounidense dos anos 60 como un "gran poeta" non deixa de ser un músico, fainos dubidar sobre se a literatura alóxase só en librerías e bibliotecas. Son claros os vínculos das cancións coa primitiva literatura oral e é moi certo que moitos artistas e público vense reflectidos na visión do mundo que Dylan transmite a través das súas letras; mais tamén o é que hai tantos e tantos escritores que merecen este premio e que terán que seguir agardando. Mentres polemizamos sobre estas cuestións e sobre se irá recoller o premio, esperaremos o 10 de decembro escoitando a súa música. Parabéns, Dylan.

O Premio Nobel

O Premio Nobel é un galardón moi codiciado pero tamén moi polémico, que entrega todos os anos a Academia Sueca. Segundo deixou escrito Alfred Nobel no seu testamento, o Premio Nobel de Literatura débese entregar cada ano a aquela persoa que produza a obra literaria máis destacada na dirección ideal, pero hai moito tempo que a crítica literaria opina que non se está facendo así e é evidente que moitos autores mundialmente recoñecidos nunca recibiron un Nobel aínda que o merecían de sobra. Así que se nunca gañas un Nobel non te preocupes: estarás en compañía de Tolstoi, Proust, Joyce, Nabokov, Kafka, Borges, Cortázar... Este ano o galardón será para Mario Vargas Llosa , autor de obras narrativas, ensaísticas e teatrais de repercusión mundial, algunhas delas levadas ao cine. Vén a coñecer a obra de Vargas Llosa na nosa biblioteca.