Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2019

AGASALLA EXPERIENCIAS LECTORAS

Neste Nadal e sempre, agasalla experiencias lectoras! A Biblioteca do IES Antón Alonso Ríos puxo en marcha unha campaña de animación á lectura orientada a toda a comunidade educativa e, sobre todo, ao alumnado. E de agasallo por participar, un marcapáxinas-calendario de 2020. Os materiais da nosa biblioteca foron e son adquiridos con fondos públicos e son, xa que logo, de todos e todas. Queremos que saian das paredes da biblioteca, que salten dos andeis, que se toquen, que se cheiren, que cheguen ás casas porque si, porque nos gusta ler, porque queremos animar a ler, porque queremos que lle collades o gusto a ler... Porque ler pode facernos sentir grandes experiencias.    Así naceu AGASALLA EXPERIENCIAS LECTORAS.   Por grupos,  os nosos alumnos e alumnas foron pasando pola biblioteca e animámolos a autoagasallarse ou a regalarlle á familia unha experiencia lectora. E non hai como animar e non obrigar (Que si, de verdade, do libro que levedes non hai exame! Só hai que dar

Voluntariado na biblioteca 2019/2020

Equipazo de Voluntariado na biblioteca! Grazas por responder á nosa chamada e grazas xa polo voso compromiso e estusiasmo. Neste curso 2019/2020, a Biblioteca do IES Antón Alonso Ríos conta cun equipo de voluntariado. Repartidos en pequenos equipos por días, veñen no recreo a botarlles unha man aos compañeiros a atopar o libro que buscan, recolocan as devolucións, axudan nas dinamizacións da biblioteca...  Ademais dun agasallo de Nadal, ao final de curso obterán unha certificación oficial da súa colaboración e irán de visita a outras bibliotecas xunto cos integrantes dos clubs de lectura.  Grazas polo voso apego aos labores culturais e á dinamización dun espazo lector como é a biblioteca.

Ruta de álbum ilustrado

Para pechar as xuntanzas dos nosos clubs de lectura por 2019, fixemos unha ruta literaria. Equipaxe? A maleta de álbum ilustrado para Secundaria do CFR de Vigo. Nesta actividade cos Clubs de Lectura  de alumnado e de adultos do  IES Antón Alonso Ríos (Tomiño), os seus compoñentes  actuaron de comité de selección dunha morea de álbums ilustrados e suxeriron as obras que estaría ben adquirir para a nosa biblioteca. Gustounos confirmar que, en canto á literatura, tamén hai tantos gustos coma cores. E preguntámonos: para unha biblioteca escolar, só o profesorado pode escoller materiais? Dámoslle voz e voto ao alumnado que queremos invitar a ler á hora de adquirir obras?  Pódense abrir canles para que tamén suxiran materiais outros membros da comunidade educativa? Dende o Equipo de Biblioteca estabamos seguros de que os membros de clubs de lectura serían un bo comité de selección. Pedímoslles argumentación a favor ou en contra da compra e xa temos unha listaxe lista para pedir á nosa

A arte de narrar, con Puri Ameixide

A profesora Puri Ameixide xuntouse na nosa biblioteca cos seus lectores de Claro de lúa , a súa última novela publicada. Este pasado venres día 13 de decembro, o alumnado de 2º de Bacharelato asistiu á charla titulada "A arte de narrar: Claro de lúa ". Deixamos neste vídeo un resumo do encontro coa autora, un momento cheo de sorrisos.