Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2019

Para rir e pensar, tamén vale ler

Achégamonos nas primeiras propostas lectoras a libros que recorrentemente aparecen nas listaxes de "literatura de humor". Ese foi agora o noso fío condutor. Serve a literatura para rir e pensar? Conseguiron estes autores facernos rir ou sorrir? Aquí deixamos un resumo da primera sesión de debate lector cos dous grupos de club de lectura de alumnado do IES Antón Alonso Ríos. Os de 1º e 2º ESO tentárono con A miña familia e outros animais, de Gerald Durrel, pero esas looongas descricións de toda caste de bichiños fixeron que botaramos de menos máis diálogos, que si eran atolados e chispeantes. O mellor foi poder comparar o noso profe de bioloxía Carlos Villanueva co protagonista do libro, con Gerry; Carlos e a súa colección axudáronnos a valorar a diversidade biolóxica e a diversidade de gustos polo que facer no tempo de cadaquén.  Na quedada tamén houbo un momento contacontos, porque os libros ilustrados non son só para a rapazada pequena. A mirada delicada aos

Lecturas (adultas) para rir e pensar

Xuntouse de novo o Club de Lectura de Adultos do IES Antón Alonso Ríos para debater sobre o controvertido Wilt , de Tom Sharpe, seica disque un clásico memorable de humor. Wilt segue sorprendendo corenta anos despois da súa publicación, pero cremos que moitas situacións supostamente cómicas da trama non superaron ben o paso dos anos. Coma o protagonista, os membros do club tamén nos preguntamos se é necesaria unha formación literaria mínima sexa cal sexa o perfil laboral do alumnado no futuro. E, en calquera caso, cal é o canon literario básico? Igual non as propostas que Wilt levaba ás clases.  Coma se se tratase dunha entrega dos Monty Python, si nos gustaron moitos as páxinas dedicadas ao famoso interrogatorio entre o profesor Wilt e o inspector Flint, porque a realidade máis absurda pode cuestionar os grupos de poder. E xa demos paso á experiencia lectora coa que agasallamos aos membros do club para este Nadal: El clamor de los bosques , de Richard Powers, obra gañador

Entrevista á escritora Sonia Mirón

O IES Antón Alonso Ríos tivo o pracer de contar coa escritora Sonia Mirón como docente e, dende o Equipo de Biblioteca, aproveitamos para facerlle unha pequena entrevista. Ademais, durante un recreo, celebrouse unha sinatura de libros da escritora.