Aquí tedes unha mostra do traballo realizado polo alumnado das materias de Oratoria e Portugués de 3º ESO, despois de recibir a formación de Damián Alonso, membro da asociación Ponte nas Ondas.. Ao longo deste proxecto, os estudantes investigaron, prepararon e expuxeron información sobre algúns dos lugares máis emblemáticos de Galicia, destacando o seu valor histórico, cultural e natural. Ademais, complementaron este percorrido con curiosidades sobre Portugal, descubrindo aspectos singulares da súa cultura, tradicións, gastronomía e patrimonio. Este traballo permitiulles desenvolver habilidades de investigación, comunicación oral e expresión en público, ao tempo que afondaron no coñecemento de dous territorios unidos por unha estreita relación histórica, lingüística e cultural. Agardamos que estas presentacións resulten interesantes e que vos inviten a descubrir un pouco máis da riqueza de Galicia e de Portugal. Torre de Hércules ...
Este ano centramos o noso proxecto de investigación na ciencia dos avós e o alumnado que traballou arreo foi o de 4º ESO. Para conseguir o produto final, previamente tiveron que entrevistar aos seus avós coa finalidade de coñecer como a ciencia está presente nas súas vidas en tarefas moi cotiás como pode ser facer o viño, o licor de café, o uso da cociña de leña, a elaboración de xabróns, etc. facendo un vídeo. Posteriormente elaboraron un guión radiofónico no que analizaron e extraeron algunhas das frases dos seus avós que logo incorporaron ao seu traballo radiofónico. Finalmente chegou o momento de difundir os coñecementos adquiridos e as súas propias reflexións mediante o uso da radio. Para iso recibiron unhas pequenas nocións técnicas do uso da mesa de mesturas e do editor de son “Audacity” para ser eles os protagonistas destes programas de radio . Aquí tedes unha selección deles XABRÓNS ARTESANAIS ...