Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta técnicas de estudo

A mediados de curso

Estamos nun momento delicado: o bastante lonxe do incio de curso para sentirnos cansos, pero falta moito para final de curso aínda. Por iso, precisamos unha boa dose de enerxía e optimismo. Así que aquí vos deixamos algunas suxestións: PARA O ALUMNADO PARA O PROFESORADO PARA OS PAIS E NAIS

Mellorando o noso traballo

Se precisas concentrarte para estudar ou facer as túas tarefas aquí atoparás algúns consellos prácticos:  1. Comeza por establecer prioridades: decide o que farás, cando o farás, que deixarás de lado para outro momento, que farás primeiro e que despois. Se claro e realista, e toma nota do que decidiches.  2. Elimina todo o que poida distraerte: apaga o móbil, a televisión, a radio, e escolle un lugar cómodo. Se outras persoas fan ruído ao teu redor utiliza tapóns auditivos ou auriculares para minoralo.  3. Ordena todo o material que vas utilizar e deixa todo ao alcance da man. Ao estudar podes utilizar subliñado, esquemas, resumos, e resaltar o máis importante con diferentes cores.  4. Cambia de materia cada certo tempo. Ademais está comprobado que logo de 90 minutos a concentración pérdese, polo que é bo descansar un pouco despois deste tempo: escoita música, come unha mazá, toma un té, etc. e logo volve ao teu lugar de estudo ou traballo.  5. Mantén o teu...