Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2020

Expolibros: darse a ver para animar a ler

O vestíbulo e os corredores do IES Antón Alonso Ríos volven mostrar seleccións de libros temáticos, as novidades da Biblioteca... Esta nova era pandemia-covid non nos permite andar folleando os libros todos á vez, pero si seleccionar tal ou cal obra e levala en préstamo para a nosa casa. Tendes na entrada do instituto unha escolla das novidades de ciencia que chegaron á nosa biblioteca. Se che interesa algún exemplar, só tes que ir ata a biblioteca e comentárnolo ou enviar un correo electrónico a btomino@gmail.com e solicitalo. 

VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA, entrega de certificacións

 A Biblioteca do IES Antón Alonso Ríos foi o espazo en que o alumnado voluntario botou unha man en labores de dinamización, orgazinación e apoio aos usuarios e usuarias durante o curso pasado. A súa colaboración durante o tempo do recreo é agora recoñecida cunha certificación da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.  Así foi o acto de entrega destes diplomas acreditativos. Grazas inmensas pola vosa axuda ilusionante!