Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta literatura e música

Bob Dylan, Premio Nobel de Literatura 2016

A recente concesión do Premio Nobel de Literatura por parte da Academia Sueca a Bob Dylan, un músico que a pesar de ser cualificado pola prensa estadounidense dos anos 60 como un "gran poeta" non deixa de ser un músico, fainos dubidar sobre se a literatura alóxase só en librerías e bibliotecas. Son claros os vínculos das cancións coa primitiva literatura oral e é moi certo que moitos artistas e público vense reflectidos na visión do mundo que Dylan transmite a través das súas letras; mais tamén o é que hai tantos e tantos escritores que merecen este premio e que terán que seguir agardando. Mentres polemizamos sobre estas cuestións e sobre se irá recoller o premio, esperaremos o 10 de decembro escoitando a súa música. Parabéns, Dylan.

Celebramos o 23 de abril con música

O vindeiro mércores 23 de abril celebraremos o Día do Libro no noso centro coa visita de Fran Pérez, NARF , compositor e intérprete que reparte a súa actividade entre o mundo da canción, a composición e o teatro. Publicou  varios discos baixo nome artístico de NARF, o último deles "Nas tardes escuras” (El patito editorial, 2013), con poemas de Rosalía de Castro.

Feliz Samhaín

Convidámosvos a bailar unha DANZA MACABRA nesta noite tan especial.  Camille Saint-Saëns compuxo este poema sinfónico inspirado nun poema de Henri Cazalis , que describe á Morte tocando o violín a media noite sobre unha tumba.  É unha viva melodía a ritmo de vals francés, e ao  seu ritmo acoden os esqueletos dos mortos para danzar. O canto do galo anunciando que nace o día fai que todos regresen ás súas tumbas, volvendo a calma. Para o violín que toca a Morte, Saint-Saëns afinou a primeira corda en mi bemol en lugar do mi natural, por iso ten un sonido tan tétrico. Estrutura: 1- As doce badaladas de media noite: silencio e calma. 2- A Morte sae da súa tumba e afina o violín (notade ese son tan especial, brrrrrrr)... 3- Empeza a tocar: ritmo de vals. 4- As tumbas vanse abrindo e os esqueletos asoman bailando... Todos bailan! 5- A morte volve afinar. 6- Volta ao ritmo de vals. Agora bailan con máis forza. 7. Os esqueletos chocan cos outros nas súas evoluc...