Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2016

O IES de Tomiño chámase IES Antón Alonso Ríos

Como sabedes, nestes primeiros meses de curso estivemos pronunciándonos sobre se o noso centro seguía denominándose co nome da localidade na que se sitúa ou se adoptaba o dalgunha personalidade de relevo vinculada ao noso municipio, nunha toma de decisión que reflectiron os medios de comunicación, tanto a televisión  como a prensa . Case 3000 votos emitíronse, a maioría deles desde a páxina web do centro. A elección do nome do maestro, escritor e político galeguista Antón Alonso Ríos foi apoiada polo 36% das persoas. A defensora das mulleres e dos movementos campesinos, Isaura Gómez, foi o segundo nome máis votado, cun 34%. O mantemento do actual nome, IES de Tomiño, foi a opción preferida dos alumnos e persoal do centro, mais a terceira en número de votos totais (29%). Antón Hipólito Alonso Ríos (Camporrapado- Silleda, 1887 - Bos Aires, 1980) representa unha loita incansable alentada polo compromiso coa plena soberanía de Galicia, o seu recoñecemento como nación e a defens

As festas do outono.

O pasado luns pola tarde celebramos no instituto unha mestura de Magosto e Samaín nunha festa á que xa nos afixemos nos últimos anos. Moitos alumnos e profesores comemos no centro os saborosos bocadillos e as castañas que prepararon os alumnos de Forestais e as pizas e sobremesas cuxa esmerada elaboración debemos aos alumnos de 4º ESO que este ano irán de viaxe de fin de etapa. Os que quixeron participaron en deportes tradicionais, animáronse co sempre exitoso karaoke ou se presentaron a algún concurso (cabazas, fotografía...). Todo isto, aderezado coa colorida ambientación que correu a cargo do alumnado e profesores de Plástica.  E, como o de atoparnos os vivos e os mortos nalgún punto do camiño gústanos tanto, xa temos unha escusa perfecta para ler un libro de terror ou fantasmagórico. Todos estes podedes vir buscalos á biblioteca. Relatos breves, contos, lendas... El fantasma de Canterville y otros cuentos , de Óscar Wilde (andel 156, en español). Os Relatos de terr

Feliz Día Mundial da Biblioteca

Hoxe celebramos o Día Mundial da Biblioteca e queremos felicitarvos desde a nosa, aínda que non sexa  tan famosa como a exipcia de Alexandría, a máis grande do mundo na súa época, e da que, como veriades, tedes pinceladas informativas na cristaleira do espazo multiusos do noso instituto. Desde aquela ata as actuais, algunhas belísimas e ultramodernas, as bibliotecas son espazos nos que os libros agardan por nós, a que vivamos a vida das súas palabras. Aquí tedes un vídeo feito pola biblioteca pública municipal de Mota del Cuervo no que se lles rinde homenaxe.

Bob Dylan, Premio Nobel de Literatura 2016

A recente concesión do Premio Nobel de Literatura por parte da Academia Sueca a Bob Dylan, un músico que a pesar de ser cualificado pola prensa estadounidense dos anos 60 como un "gran poeta" non deixa de ser un músico, fainos dubidar sobre se a literatura alóxase só en librerías e bibliotecas. Son claros os vínculos das cancións coa primitiva literatura oral e é moi certo que moitos artistas e público vense reflectidos na visión do mundo que Dylan transmite a través das súas letras; mais tamén o é que hai tantos e tantos escritores que merecen este premio e que terán que seguir agardando. Mentres polemizamos sobre estas cuestións e sobre se irá recoller o premio, esperaremos o 10 de decembro escoitando a súa música. Parabéns, Dylan.

Festa das Letras maio 2016

Deixámosvos aquí algunhas imaxes para a MEMORIA (tema elixido este ano para o Milladoiro das Palabras) da celebración das Letras Galegas este ano.  

Letras galegas 2016

Feliz día do libro

Esta semana estivemos celebrando o cuarto centenario de Cervantes e de Shakespeare con actividades de diferente tipo: concursos de fotografía, pasapalabra cervantino e shakespeariano, carteis e exposicións, lectura dramatizada de "Sancho en la Ínsula Barataria" a cargo dun grupo de profesores/as, lecturas de textos de Shakespeare na "Hora de ler", confección de marcalibros conmemorativos... E hoxe foi a entrega de premios e ademais houbo divertidas sorpresas como que parte do profesorado acudise ao centro caracterizado de personaxes de Shakespeare e de Cervantes. Toda unha festa!

Celebrando o Día da Paz

Feliz dicionario novo

Damos a benvida a un ano novo e a un dicionario novo, DIGALEGO , que en adiante queda engadido aos nosos enlaces habituais á dereita desta páxina e esperamos que vos sexa moi útil. Realizado pola editorial Ir Indo , consta de 65.000 entradas, desenvolve todos os verbos coa súa conxugación, e considera como entradas todas as formas verbais. Moi útil resulta tamén o “Repertorio de formas incorrectas”) unha serie de voces non admitidas en galego (castelanismos, estranxeirismos, vulgarismos, hiperenxebrismos etc.), que remiten á súa forma correcta. Tamén destaca o feito de que se poden buscar palabras partindo de entradas en portugués, castelán, inglés, alemán, francés e italiano e que mostra equivalencias neses mesmo idiomas e mesmo en chinés.