Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2020

Club de ciencia ou club de lectura?

Era tanta a ilusión "por volver" que xa quixemos facer un dous por un, porque claro que queriamos retomar o club de lectura de alumnado, pero tamén nos tenta crear un club de ciencia. E para que escoller? O Club de Lectura de alumnado retoma o camiño das lecturas compartidas neste curso 2020/2021 e a primeira aproximación decidimos que fose á ciencia. Gústavos ler narrativa de ciencia-ficción? Nos tempos que corren, a vida parece que quere demostrar que os avances científico-técnicos interveñen máis nas nosas vidas do que nos parecía... Talvez teñamos que reler con outros ollos Un mundo feliz , de Aldous Huxley, unha obra de 1932. Presentamos a nosa primeira proposta lectora: La puerta de los tres cerrojos , da escritora e científica catalá Sónia Fernández-Vidal.   Veremos se nos enfeitiza durante este Nadal esta mestura lectora de narrativa e física cuántica. Mirade agora un resumo da nosa primeira xuntanza:

Menú de Nadal

 Mirade a suxestión do Equipo de Biblioteca para este Nadal: o mellor menú de Nadal! BO NADAL E BOAS LECTURAS

Lazadas lectoras de Nadal

Neste Nadal, a Biblioteca do IES Antón Alonso Ríos anímavos a levar para as vosas casas os libros que vos presten. Eles son un agasallo digno da mellor lazada.  Pide o teu paquete cuns libros concretos, cunha temática do teu gusto ou, se queres aumentar a emoción de abrir o agasallo, solicita un  paquete lector sorpresa.   Encarga a túa lazada lectora enviando un email a btomino@gmail.com. Indícanos: - Nome  e apelidos. - Curso e clase: - Se es familiar, nome e apelidos do/a alumno/a matriculado no centro. - Se es persoal do centro, departamento:   Antes do Nadal, recibirás a túa lazada lectora.