Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2020

Club de ciencia ou club de lectura?

Era tanta a ilusión "por volver" que xa quixemos facer un dous por un, porque claro que queriamos retomar o club de lectura de alumnado, pero tamén nos tenta crear un club de ciencia. E para que escoller? O Club de Lectura de alumnado retoma o camiño das lecturas compartidas neste curso 2020/2021 e a primeira aproximación decidimos que fose á ciencia. Gústavos ler narrativa de ciencia-ficción? Nos tempos que corren, a vida parece que quere demostrar que os avances científico-técnicos interveñen máis nas nosas vidas do que nos parecía... Talvez teñamos que reler con outros ollos Un mundo feliz , de Aldous Huxley, unha obra de 1932. Presentamos a nosa primeira proposta lectora: La puerta de los tres cerrojos , da escritora e científica catalá Sónia Fernández-Vidal.   Veremos se nos enfeitiza durante este Nadal esta mestura lectora de narrativa e física cuántica. Mirade agora un resumo da nosa primeira xuntanza:

Menú de Nadal

 Mirade a suxestión do Equipo de Biblioteca para este Nadal: o mellor menú de Nadal! BO NADAL E BOAS LECTURAS

Lazadas lectoras de Nadal

Neste Nadal, a Biblioteca do IES Antón Alonso Ríos anímavos a levar para as vosas casas os libros que vos presten. Eles son un agasallo digno da mellor lazada.  Pide o teu paquete cuns libros concretos, cunha temática do teu gusto ou, se queres aumentar a emoción de abrir o agasallo, solicita un  paquete lector sorpresa.   Encarga a túa lazada lectora enviando un email a btomino@gmail.com. Indícanos: - Nome  e apelidos. - Curso e clase: - Se es familiar, nome e apelidos do/a alumno/a matriculado no centro. - Se es persoal do centro, departamento:   Antes do Nadal, recibirás a túa lazada lectora.  

Expolibros: darse a ver para animar a ler

O vestíbulo e os corredores do IES Antón Alonso Ríos volven mostrar seleccións de libros temáticos, as novidades da Biblioteca... Esta nova era pandemia-covid non nos permite andar folleando os libros todos á vez, pero si seleccionar tal ou cal obra e levala en préstamo para a nosa casa. Tendes na entrada do instituto unha escolla das novidades de ciencia que chegaron á nosa biblioteca. Se che interesa algún exemplar, só tes que ir ata a biblioteca e comentárnolo ou enviar un correo electrónico a btomino@gmail.com e solicitalo. 

VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA, entrega de certificacións

 A Biblioteca do IES Antón Alonso Ríos foi o espazo en que o alumnado voluntario botou unha man en labores de dinamización, orgazinación e apoio aos usuarios e usuarias durante o curso pasado. A súa colaboración durante o tempo do recreo é agora recoñecida cunha certificación da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.  Así foi o acto de entrega destes diplomas acreditativos. Grazas inmensas pola vosa axuda ilusionante!

Ler as árbores

  Os clubs de lectura do IES Antón Alonso Ríos botámonos a ler o monte, á espera de que agromen as follas, pare de chover e xa poidamos botarnos ao monte de verdade. En consonancia co proxecto de investigación interdisciplinario que se impulsa dende a Biblioteca, A árbore dá/da vida , para arrancar coas lecturas do ano seleccionamos literatura de natureza. Estes foron os escollidos: - Adultos: El clamor de los bosques , de  Richard Powers. - 3º-4ºESO/Bach./FP: A terra de Anna , de  Jostein Gaarder. - 1º/2º ESO: O home que plantaba árbores, de Jean Giono.  Na xuntanza poslectura, primeiro botámoslle unha partidiña ao Sabidurius, guiados polo noso participante Antón, que foi quen indagou como vai este xogo de mesa. Despois nós adaptámolo con léxico de A terra de Anna e nunca xogar ás definicións foi tan divertido: dodo, caribú, carbúnculo, bonobo...   Logo, chegou o debate. De O home que plantaba árbores , gustounos a perseverancia do ancián no seu soño, na súa id

Vídeo educativo: ferramentas e guía

O IES Antón Alonso Ríos conta neste curso coas ferramentas básicas para gravar vídeos educativos, incluso co efecto croma: tea verde, micros de lapela, micro ambiente, focos de iluminación, trípode, adaptador para tabletas... Ata claqueta! Este material foi adquirido co orzamento pola participación do noso centro no proxecto 21 días co  galego e máis 2020 (#diascogalegoemais). Con el, o equipo de Biblioteca, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e mais o Departamento de Lingua Galega e Literatura crearon no centro un espazo maker de gravación á disposición de todos os departamentos didácticos e, por suposto, para todo o alumnado.  Xa sabedes: luces, cámara... ACCIÓN! Se queredes saber como gravar vídeos co efecto croma, aquí vos queda a explicación do noso propio alumnado: