Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2019

Conversa sobre: Del color de la leche

Vai o 2019 andando e segue en ruta o Club de Lectura de Adultos. Durante o Nadal, estivemos tapados do frío coas páxinas da nosa segunda lectura: Del color de la leche , de Nell  Leyshon.  Amizades coa lectura como entremento principal recomendáronnos esta obra e, en xeral, resultou sorpresiva no estilo de escrita. Os máis afeitos a ler obras de suspense pronto adiviñaron o final, rápido ataron cabos. No que si estivemos moitos de acordo é nas similitudes da cultura da obra coa cultura galega doutros tempos, mesmo o humor da protagonista nos parecía galego. Se non nos din onde está ambientada podería pasar por galega. Logo, realizamos unha rolda de propostas lectoras: cadaquén tiña que traer unha recomendación lectora. Varios foron os que non se puideron limitar a unha soa peza, mais así xa temos o caixón das futuras lecturas cheo de opcións. Entre todos os partipantes, escollemos a que vai ser a nosa cuarta lectura. Para máis adiante, falamos dela, ou delas, porque van ser