Con ela, continuamos a traballar para lograr os seguintes obxectivos:
- incrementar o pracer da lectura ao compartilo con outras persoas
- mellorar as competencias lectora e lingüística en galego e en castelán.
- servir de encontro entre persoas con intereses comúns, para axudarlles a socializarse fóra do horario escolar.
- potenciar a unión da dimensión privada da lectura coa pública, o que implica escoitar, debater e respectar.
Este é o horario previsto:
grupos |
xuntanzas |
1º / 2º ESO |
dous venres por trimestre, durante o recreo |
3º, 4º ESO, Bach. e FP |
dous venres por trimestre, durante o recreo |
adultos |
horario por decidir cos participantes |
O lugar de encontro para as xuntanzas será a Biblioteca, sempre na compaña de profesorado.
Os libros
que se propoñan para ler ao longo do curso 2021-2022 serán facilitados polo
Equipo de Biblioteca, polo que a actividade non ten ningún custo para as
familias. No mes de xuño, se a situación sanitaria o permite, organizarase unha saída extraescolar relaciona cunha obra e coas actividades do club de lectura.
Dende o Equipo de Biblioteca, estamos seguros do aproveitamento a nivel cultural e social desta proposta de dinamización lectora e agardamos a colaboración e participación das familias.
Para participar, é necesario preinscribirse cubrindo o seguinte formulario (prazo de preinscrición: ata o 15 de outubro de 2021):
Formulario de preinscrición no club de lectura da Biblioteca do IES Antón Alonso Ríos