Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta videos

Vídeo educativo: ferramentas e guía

O IES Antón Alonso Ríos conta neste curso coas ferramentas básicas para gravar vídeos educativos, incluso co efecto croma: tea verde, micros de lapela, micro ambiente, focos de iluminación, trípode, adaptador para tabletas... Ata claqueta! Este material foi adquirido co orzamento pola participación do noso centro no proxecto 21 días co  galego e máis 2020 (#diascogalegoemais). Con el, o equipo de Biblioteca, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e mais o Departamento de Lingua Galega e Literatura crearon no centro un espazo maker de gravación á disposición de todos os departamentos didácticos e, por suposto, para todo o alumnado.  Xa sabedes: luces, cámara... ACCIÓN! Se queredes saber como gravar vídeos co efecto croma, aquí vos queda a explicación do noso propio alumnado:

Entrevista á escritora Sonia Mirón

O IES Antón Alonso Ríos tivo o pracer de contar coa escritora Sonia Mirón como docente e, dende o Equipo de Biblioteca, aproveitamos para facerlle unha pequena entrevista. Ademais, durante un recreo, celebrouse unha sinatura de libros da escritora.

24 de outubro, Día das Bibliotecas

Somerxidos no curso 2019/2020, a Biblioteca do IES Antón Alonso Ríos comezou este período como centro de nova incorporación ao PLAMBE , Plan de mellora de bibliotecas escolares. No noso proxecto, segue sendo clave a realización de actividades de formación de usuarios autónomos da biblioteca e de fomento da lectura. Para celebrar o Día das Bibliotecas , neste 24 de outubro queremos invitar á lectura e formar como usuarios ao persoal laboral do noso instituto, porque o seu grao de implicación coa lectura e o aproveitamento que fagan da biblioteca será importantísimo para facilitar que o noso alumnado acceda tamén a estes recursos.  Que argallou o Equipo de Biblioteca? Invitou a café e repartiu sorbos de lecturas : suxestións lectoras para o persoal docente e o de administración e servizos para celebrar o Día das Bibliotecas. E por se se animan a pasar polo biblio e darlle unha oportunidade ao libro que lle recomendamos, tamén os convidamos a unha formación de usuarios só par...

Festa das Letras maio 2016

Deixámosvos aquí algunhas imaxes para a MEMORIA (tema elixido este ano para o Milladoiro das Palabras) da celebración das Letras Galegas este ano.  

Celebrando o Día da Paz

Comunicarse non é guasapear

Expertos en psicoloxía e comunicación advirten sobre o mal que se comunica a través do whatsapp, o fácil que é acumular malentendidos e estrés, o recomendable que é falar en persoa os temas importantes. Porque a comunicación non só consiste en palabras, e os aspectos comunicativos da linguaxe non verbal, as expresións faciais, o contacto afectivo, son tan importantes como o significado verbal, ás veces incluso máis. Amplía esta noticia AQUI

O home que plantaba árbores

Unha parábola sobre a relación entre o home e a natureza, pretende crear conciencia medioambiental sobre a importancia que teñen as árbores para o equilibrio do planeta e o benestar humano. Con esta fantástica obra, o escritor francés Jean Giono aporta o seu gran de area na defensa dos bosques do planeta. Se despois de ver a película queres lela, pídea na nosa biblioteca.

Máis curtas educativas

A trompeta máxica: Ambientada nos anos posteriores á gran depresión do 29, cando nace o Swing e se producen graves disturbios raciais, trata dun barbeiro racista que cambiará de actitude tras descubrir unha trompeta máxica.   Festa nas nubes: xenial, divertida e emotiva historia. The change / O Cambio , pretende explicar dun xeito sinxelo e divertido problemas e solucións en relación co cambio climático (deforestación, extracción de recursos naturais...) Un instructivo video que pon de manifesto as diferenzas entre países ricos e pobres e a incidencia do sistema de produción e consumo actual nas poboacións indíxenas. Máis propostas de CURTAS EDUCATIVAS

Educando en valores na aula

No excelente blog KMiño das Letras temos unhas interesantes propostas para traballar en valores na aula, por exemplo en titoría ou en Atención Educativa. Como son curtas, permiten o visionado nunha única sesión e o debate posterior. Algunhas xa as insertamos aquí no pasado, así que agora non o faremos pero pinchando no título podes conseguilas. 1. O Circo das Bolboretas : Esta curta xa é todo un clásico, tratando valores como o respecto ou a dignidade, a necesidade de sentirse aceptados polos demais, romper coas barreiras autoimpostas...  2. Por catro esquiniñas de nada . Esta curta propón aceptar ás persoas que, por un motivo ou outro, son diferentes a nós. Hai que ser tolerantes e solidarias con elas e integralas no noso ambiente, non cambiar a súa forma ou xeito de ser. Neste caso, os seus protagonistas non son persoas senón figuras xeométricas; en concreto, un cadrado e varios círculos. 3.  Pipas : Avalada por diferentes premios, Pipas reflicte a importanc...

Pi ...

Hoxe propoñémosvos ver esta curta, que o pasedes ben! Corto PIPAS from Manuela Moreno on Vimeo .