Saltar ao contido principal

Tempo de setas





Os nosos compañeiros do Ciclo de Traballos Forestais montaron unha exposición no centro estes días coas setas e cogomelos propios da nosa zona. Tras realizar unha saída para recoller os exemplares, clasificáronos con detalle para que poidas velos e aprender a recoñecelos. Por suposto, na Biblioteca temos varias guías de setas e cogomelos que podes consultar.









Na mostra que nos ofrecen podes atopar todo tipo de cogomelos, desde os máis tóxicos, como diversos tipos de amanitas, ata os máis exquisitos, como andoas, cantarelas, zarrotas, etc. Cada exemplar está identificado co nome científico, o nome galego e unha icona que indica a súa comestibilidade ou toxicidade.












Se che gusta a natureza e queres traballar ao aire libre, o Ciclo Medio de Traballos Forestais e Conservación do Medio Natural é unha boa opción. Aprenderás, entre outras moitas cousas fascinantes, a cultivar as túas propias setas.


Infórmate!

O MÁIS VISTO

Entrevista á escritora Sonia Mirón

O IES Antón Alonso Ríos tivo o pracer de contar coa escritora Sonia Mirón como docente e, dende o Equipo de Biblioteca, aproveitamos para facerlle unha pequena entrevista. Ademais, durante un recreo, celebrouse unha sinatura de libros da escritora.

Club de Lectura de Adultos: benvidos/as!

Dende o IES Antón Alonso Ríos (Tomiño), quixemos saber do interese das familias do noso alumnado, do persoal do centro ou de calquera persoa adulta da zona por formar parte dun club de lectura de adultos. E a sondaxe mostrounos que si hai predisposición a formar grupiño lector. As xuntanzas van ser os luns, de cando en cando, ás 19 horas na biblioteca no instituto. Arrancamos xa, e fíxémolo compartindo qué nos move a formar parte dun club de lectura. Tamén debatemos sobre os dereitos do lector que recolle Daniel Pennac na súa obra Como unha novela. De paso, tamén se presentaron outras obras del, como Mal de escola . A mesa de debate recibiunos coa primeira escolla aínda sen desvelar. Resultou ser A neta do señor Linh , de Philippe Claudel, traída para o galego por Rinoceronte Editora . É unha novela pequena pero grande. Aínda que se pode ler nunha tarde, aconsellamos que se faga amodo, gozando dos detalles, das palabras, de cada parágrafo... E non dicimos máis nada, porq

Cogomelos no centro

Aproveitando a exposición de cogomelos feita no instituto polos nosos compañeiros de Ciclo Medio de Forestais podedes participar dende o voso móbil nun cuestionario sobre estes fungos.      Participa