Saltar ao contido principal

Tempo de setas





Os nosos compañeiros do Ciclo de Traballos Forestais montaron unha exposición no centro estes días coas setas e cogomelos propios da nosa zona. Tras realizar unha saída para recoller os exemplares, clasificáronos con detalle para que poidas velos e aprender a recoñecelos. Por suposto, na Biblioteca temos varias guías de setas e cogomelos que podes consultar.









Na mostra que nos ofrecen podes atopar todo tipo de cogomelos, desde os máis tóxicos, como diversos tipos de amanitas, ata os máis exquisitos, como andoas, cantarelas, zarrotas, etc. Cada exemplar está identificado co nome científico, o nome galego e unha icona que indica a súa comestibilidade ou toxicidade.












Se che gusta a natureza e queres traballar ao aire libre, o Ciclo Medio de Traballos Forestais e Conservación do Medio Natural é unha boa opción. Aprenderás, entre outras moitas cousas fascinantes, a cultivar as túas propias setas.


Infórmate!