Saltar ao contido principal

CAGHO CO MEDO: CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR


CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR
CAGHO CO MEDO
A Biblioteca do IES Antón Alonso Ríos organiza o concurso de microrrelatos de terror CAGHO CO MEDO
 Con esta iniciativa de escrita creativa, queremos espertar en vós o gusto por escribir e axudarvos a matar o medo á páxina en branco. Queremos que leades pero tamén que escribades sen medo. Porque a literatura é territorio dos valentes, ven escribir  e non caghes de medo.



BASES DO CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR  
CAGHO CO MEDO
1.       PARTICIPANTES
Poderán participar as alumnas e os alumnos de 1º ESO do IES Antón Alonso Ríos.
2.       DATAS DO CONCURSO
venres 26 de outubro: o alumnado que voluntariamente participe neste concurso literario acudirá ao salón de actos do instituto co seu ordenador na 2ª hora de clase. O proceso de escrita durará toda a sesión, de 9:50 a 10:40 horas.
luns 29 de outubro: exposición no vestíbulo do IES Antón Alonso Ríos de cinco relatos finalistas.
mércores 31 de outubro: lectura pública dos 5 relatos finalistas, resolución do concurso e entrega de premios.
3.       PROCESO DE ESCRITA LITERARIA
Os relatos, escritos en prosa, deberán englobarse na temática de terror. Os escritores e escritoras poderán escoller se escriben en lingua galega ou castelá e realizarán o relato nun procesador de textos no seu ordenador escolar.
Os microrrelatos estarán inspirados nunha imaxe de medo que se proxectará no salón de actos durante a duración do proceso de escrita literaria.
4.       EXTENSIÓN
O microrrelato terá unha extensión de entre 100 e 300 palabras, nun tamaño de letra de 12 puntos.
5.       PRESENTACIÓN
Ao comezar a escribir, os participantes gardarán xa o arquivo nomeándoo cun pseudónimo.
Ao remate do proceso de escrita terrorífica, os participantes asinarán o seu microrrelato co mesmo pseudónimo e cubrirán á man unha folla cos datos de participación (nome e apelidos, curso e grupo e pseudónimo co que asinou o relato). O documento debe ser copiado nun lapis USB do xurado.
6.       XURADO
Fase 1. Un xurado composto por profesoras do Equipo de Biblioteca seleccionará os cinco finalistas e expoñerá estes microrrelatos no vestíbulo do instituto.
Fase 2. O alumnado do IES Antón Alonso Ríos votará polo texto gañador: poderá escoller o microrrelato que máis o fixo caghar co medo, marcando nunha papeleta que estará dispoñible na mesa de exposición o título polo que vota.
Gañará o concurso de microrrelatos de terror CAGHO CO MEDO o autor ou autora do relato que máis votos logre nesta fase 2.
7.       PREMIOS
O gañador ou gañadora recibirá un diploma acreditativo e un agasallo sorpresa terrorífico para el/a  e outro para a súa clase.
8.       A participación no  concurso de microrrelatos de terror CAGHO CO MEDO implica a aceptación destas bases.


Biblioteca
IES Antón Alonso Ríos (Tomiño)
 


O MÁIS VISTO

A arte de narrar, con Puri Ameixide

A profesora Puri Ameixide xuntouse na nosa biblioteca cos seus lectores de Claro de lúa , a súa última novela publicada. Este pasado venres día 13 de decembro, o alumnado de 2º de Bacharelato asistiu á charla titulada "A arte de narrar: Claro de lúa ". Deixamos neste vídeo un resumo do encontro coa autora, un momento cheo de sorrisos. 

Club de Lectura 2021/2022: preinscrición

Volve o Club de Lectura da Biblioteca do IES Antón Alonso Ríos! Continuamos adaptándonos aos protocolos sanitarios pero non deixamos de ter ganas de ler e de debater despois. E neste curso esperemos que nada impida que fagamos unha saída extraescolar en xuño. Podes ler aquí información xeral sobre a organización durante este curso 2021/2022.  Para participar, tes que preinscribirte cubrindo o seguinte formulario, antes do 15 de outubro. Tamén podes pasar pola Biblioteca e anotarte alí mesmo.     Cargando…

As superaventuras de 2º ESO

O pasado 5 de abril, o noso alumnado de 2º ESO participou nun novo concurso de microrrelatos. Esta vez o reto era compoñer a primeira superaventura da heroína que vedes na fotografía en apenas 30 liñas, todo un desafío! Mais, como de costume, os/as nosos/as estudantes saíron airosos, poñendo nun bo problema ao noso xurado, que tivo que escoller só cinco finalistas. Agora é a vosa quenda, queridos lectores! Xunto á entrada da sala de profesores poderedes atopar os microrrelatos finalistas, as papeletas e a urna para os votos: elixide ao gañador do concurso As superaventuras !