CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR
CAGHO CO MEDO
Con esta iniciativa de escrita
creativa, queremos espertar en vós o gusto por escribir e axudarvos a matar o
medo á páxina en branco. Queremos que leades pero tamén que escribades sen
medo. Porque a literatura é territorio dos valentes, ven escribir e non caghes
de medo.
BASES DO CONCURSO DE MICRORRELATOS DE
TERROR
CAGHO CO MEDO
1.
PARTICIPANTES
Poderán participar
as alumnas e os alumnos de 1º ESO do IES Antón Alonso Ríos.
2.
DATAS DO CONCURSO
venres 26 de outubro: o alumnado que
voluntariamente participe neste concurso literario acudirá ao salón de actos do
instituto co seu ordenador na 2ª hora de clase. O proceso de escrita durará toda a sesión, de 9:50 a 10:40 horas.
luns 29 de outubro: exposición no vestíbulo do IES Antón
Alonso Ríos de cinco relatos finalistas.
mércores 31 de outubro: lectura pública
dos 5 relatos finalistas, resolución
do concurso e entrega de premios.
3.
PROCESO DE ESCRITA LITERARIA
Os relatos, escritos
en prosa, deberán englobarse na temática de terror. Os escritores e escritoras
poderán escoller se escriben en lingua galega ou castelá e realizarán o relato
nun procesador de textos no seu ordenador escolar.
Os microrrelatos
estarán inspirados nunha imaxe de medo que se proxectará no salón de actos
durante a duración do proceso de escrita literaria.
4.
EXTENSIÓN
O microrrelato terá
unha extensión de entre 100 e 300 palabras, nun tamaño de letra de 12 puntos.
5.
PRESENTACIÓN
Ao comezar a
escribir, os participantes gardarán xa o arquivo nomeándoo cun pseudónimo.
Ao remate do proceso
de escrita terrorífica, os participantes asinarán o seu microrrelato co mesmo pseudónimo e cubrirán á man unha folla cos datos de participación (nome e
apelidos, curso e grupo e pseudónimo co que asinou o relato). O documento debe
ser copiado nun lapis USB do xurado.
6.
XURADO
Fase
1. Un xurado composto por profesoras do Equipo de Biblioteca seleccionará os
cinco finalistas e expoñerá estes microrrelatos no vestíbulo do instituto.
Fase
2. O alumnado do IES Antón Alonso Ríos votará polo texto gañador: poderá
escoller o microrrelato que máis o fixo caghar co medo, marcando nunha papeleta
que estará dispoñible na mesa de exposición o título polo que vota.
Gañará o concurso de microrrelatos de terror CAGHO CO MEDO o autor ou
autora do relato que máis votos logre nesta fase 2.
7.
PREMIOS
O gañador ou gañadora recibirá un
diploma acreditativo e un agasallo sorpresa terrorífico para el/a e outro para a súa clase.
8.
A participación no concurso de microrrelatos de terror CAGHO
CO MEDO implica a
aceptación destas bases.
Biblioteca
IES Antón Alonso
Ríos (Tomiño)