Saltar ao contido principal

Tres, dous, un... Clubs de Lectura 19/20

Xa houbo primeira vez dos Clubs de Lectura 2019/2020. Son tres os grupos lectores neste curso:
- grupo de 1º e 2º ESO (15 integrantes)
- grupo de 3º ESO, 4º ESO, Bacharelato e FP (9 integrantes)
- grupo de adultos  (9 integrantes)

Para comezar as xuntanzas, nada como buscar un bo principio. Debatemos sobre o que nos ten que dar un libro no seu comezo para que piquemos no anzol. Seica estes son grandes comezos, grandes íncipits da historia da literatura. En grupos, buscámolos na nosa biblio -porque sabemos moito da CDU...!-, lemos o íncipit e valorámolo. Igual os gustos están cambiando moito nas novas xeracións, porque ao alumnado non lle din moita alá moita cousa as primeiras palabras ou liñas de grandes obras da literatura universal.

 Os tres clubs quedamos en ler con puntos de conexión. Neste primeiro trimestre, a unión quere ser o humor. Disque as obras propostas espertaron o riso noutros lectores. E a nós? Somos de risa lixeira? Será un libro capaz de facernos chorar tamén de risa?

O MÁIS VISTO

Entrevista á escritora Sonia Mirón

O IES Antón Alonso Ríos tivo o pracer de contar coa escritora Sonia Mirón como docente e, dende o Equipo de Biblioteca, aproveitamos para facerlle unha pequena entrevista. Ademais, durante un recreo, celebrouse unha sinatura de libros da escritora.

Club de Lectura de Adultos: benvidos/as!

Dende o IES Antón Alonso Ríos (Tomiño), quixemos saber do interese das familias do noso alumnado, do persoal do centro ou de calquera persoa adulta da zona por formar parte dun club de lectura de adultos. E a sondaxe mostrounos que si hai predisposición a formar grupiño lector. As xuntanzas van ser os luns, de cando en cando, ás 19 horas na biblioteca no instituto. Arrancamos xa, e fíxémolo compartindo qué nos move a formar parte dun club de lectura. Tamén debatemos sobre os dereitos do lector que recolle Daniel Pennac na súa obra Como unha novela. De paso, tamén se presentaron outras obras del, como Mal de escola . A mesa de debate recibiunos coa primeira escolla aínda sen desvelar. Resultou ser A neta do señor Linh , de Philippe Claudel, traída para o galego por Rinoceronte Editora . É unha novela pequena pero grande. Aínda que se pode ler nunha tarde, aconsellamos que se faga amodo, gozando dos detalles, das palabras, de cada parágrafo... E non dicimos máis nada, porq

Cogomelos no centro

Aproveitando a exposición de cogomelos feita no instituto polos nosos compañeiros de Ciclo Medio de Forestais podedes participar dende o voso móbil nun cuestionario sobre estes fungos.      Participa