Saltar ao contido principal

24 de outubro, Día das Bibliotecas

Somerxidos no curso 2019/2020, a Biblioteca do IES Antón Alonso Ríos comezou este período como centro de nova incorporación ao PLAMBE, Plan de mellora de bibliotecas escolares. No noso proxecto, segue sendo clave a realización de actividades de formación de usuarios autónomos da biblioteca e de fomento da lectura.

Para celebrar o Día das Bibliotecas, neste 24 de outubro queremos invitar á lectura e formar como usuarios ao persoal laboral do noso instituto, porque o seu grao de implicación coa lectura e o aproveitamento que fagan da biblioteca será importantísimo para facilitar que o noso alumnado acceda tamén a estes recursos. 

Que argallou o Equipo de Biblioteca? Invitou a café e repartiu sorbos de lecturas: suxestións lectoras para o persoal docente e o de administración e servizos para celebrar o Día das Bibliotecas. E por se se animan a pasar polo biblio e darlle unha oportunidade ao libro que lle recomendamos, tamén os convidamos a unha formación de usuarios só para eles, un evento privado e exclusivo para o persoal laboral.





Por suposto, calquera membro da comunidade educativa pode vir tomar un "sorbo de lectura" á biblioteca do IES Antón Alonso Ríos.