Saltar ao contido principal

Día Internacional contra a Violencia de Xénero


O día 25 de novembro celebramos un acto especial organizado polo Departamento de Lingua Galega e literatura para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero. Tratouse dunha mesa redonda seguida dun coloquio entre as ponentes e o público. Tivo lugar nun espazo ben bonito para se celebraren actos deste tipo: démoslle un novo uso á cafetaría do centro. Acudiron todos os grupos de 3º ESO e mais 3º e 4º PDC. Interviñeron no acto: Cruz Dafonte Raña, Licenciada en Dereito, traballa como Asesora xurídica na Oficina de Igualdade e Benestar de Gondomar e acode semanalmente a prestar asesoramento ás mulleres de Tomiño; Cati Cerqueira, Licenciada en Psicoloxía e Técnica de Igualdade no noso concello. Confirmara a súa asistencia Sandra González, a alcaldesa de Tomiño, mais non puido acudir por motivos de axenda.

O acto contou con presentación teórica powerpoint, lecturas de casos reais e declaracións de vítimas perante o xuiz, música e videoclips de cantautores como Pedro Guerra ou Bebe que trataron nos seus discos o tema da violencia machista. Comezamos presentando as ponentes e facéndonos unha pregunta: ¿É necesario seguir celebrando todos os anos este día? A desposta foi clara e rotunda: mentres siga existindo esta lacra social que produce tanta infelicidade, dor e mesmo a morte a moitas mulleres de todas as idades e clases sociais, SI.
A pesar de que se acadaron avances importantes desde que se promulgou a Lei Integral contra a violencia de xénero e de que cada vez hai máis denuncias e condenas de prisión para os maltratadotes (nos últimos 3 anos suman xa máis de 53.000), o certo é que a violencia machista non recúa. (50 mulleres mortas no que vai de ano).
Todo traballo é pouco para rematarmos de vez con este problema, pois está moi enraizado nunha sociedade que non é igualitaria e que segue opinando que ser forte, violento e impetuoso forma parte natural do home.
É un problema social, mais tamén é un problema individual: todas e todos debemos implicarnos para solucionalo e previr novos casos. O coloquio-debate estivo moi animado e o tempo resultou escaso para aclarar dúbidas e desmontar moitos mitos erróneos que temos sobre a violencia de xénero.
Con esta charla aprendemos un pouco máis sobre como loitar contra esta lacra social. ¡Oxalá nun futuro ben cedo non teña razón de ser unha celebración coma esta cada 25 de novembro!

O MÁIS VISTO

Entrevista á escritora Sonia Mirón

O IES Antón Alonso Ríos tivo o pracer de contar coa escritora Sonia Mirón como docente e, dende o Equipo de Biblioteca, aproveitamos para facerlle unha pequena entrevista. Ademais, durante un recreo, celebrouse unha sinatura de libros da escritora.

Club de Lectura de Adultos: benvidos/as!

Dende o IES Antón Alonso Ríos (Tomiño), quixemos saber do interese das familias do noso alumnado, do persoal do centro ou de calquera persoa adulta da zona por formar parte dun club de lectura de adultos. E a sondaxe mostrounos que si hai predisposición a formar grupiño lector. As xuntanzas van ser os luns, de cando en cando, ás 19 horas na biblioteca no instituto. Arrancamos xa, e fíxémolo compartindo qué nos move a formar parte dun club de lectura. Tamén debatemos sobre os dereitos do lector que recolle Daniel Pennac na súa obra Como unha novela. De paso, tamén se presentaron outras obras del, como Mal de escola . A mesa de debate recibiunos coa primeira escolla aínda sen desvelar. Resultou ser A neta do señor Linh , de Philippe Claudel, traída para o galego por Rinoceronte Editora . É unha novela pequena pero grande. Aínda que se pode ler nunha tarde, aconsellamos que se faga amodo, gozando dos detalles, das palabras, de cada parágrafo... E non dicimos máis nada, porq

Cogomelos no centro

Aproveitando a exposición de cogomelos feita no instituto polos nosos compañeiros de Ciclo Medio de Forestais podedes participar dende o voso móbil nun cuestionario sobre estes fungos.      Participa