O autor da serie dos Megatoxos visitou o noso centro o día 25 de novembro para conversar co alumnado de 2º ESO sobre o proceso de creación de historias dentro dunha iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Servizo de Normalización do Concello de Tomiño.
Estamos desexando ler a terceira entrega, e tamén as sucesivas posto que están previstos sete volumes, algún dos cales sabemos de boa tinta que nos trasladará xa non ao pasado senón ao futuro...