Saltar ao contido principal

Eclipse o día 4




O día 4 de xaneiro de 2011 vaise producir unha eclipse parcial de sol que en España será moi madrugadora: o máximo producirase sobre as 8:45 - 9:00 h, de maneira que na nosa zona o sol xa sairá eclipsado, pois o mencer é ás 9:01 (todas estas son as horas locais). A porcentaxe de sol eclipsado pode variar, estando en torno ao 65% no norte peninsular. Vale a pena madrugar e esperemos que o tempo acompañe, porque ata novembro de 2013 non teremos, na nosa rexión, outra oportunidade coma esta.

Non esquezades que para observar a eclipse debedes usar filtros adecuados ou adquirir uns lentes especiais que soen vender nas ópticas por moi bo prezo. Tamén valen os cristais de protección dos soldadores que estean numerados do 14 ao 16.

Que tempo fará o día 4? : aquí

O MÁIS VISTO

Entrevista á escritora Sonia Mirón

O IES Antón Alonso Ríos tivo o pracer de contar coa escritora Sonia Mirón como docente e, dende o Equipo de Biblioteca, aproveitamos para facerlle unha pequena entrevista. Ademais, durante un recreo, celebrouse unha sinatura de libros da escritora.

Club de Lectura de Adultos: benvidos/as!

Dende o IES Antón Alonso Ríos (Tomiño), quixemos saber do interese das familias do noso alumnado, do persoal do centro ou de calquera persoa adulta da zona por formar parte dun club de lectura de adultos. E a sondaxe mostrounos que si hai predisposición a formar grupiño lector. As xuntanzas van ser os luns, de cando en cando, ás 19 horas na biblioteca no instituto. Arrancamos xa, e fíxémolo compartindo qué nos move a formar parte dun club de lectura. Tamén debatemos sobre os dereitos do lector que recolle Daniel Pennac na súa obra Como unha novela. De paso, tamén se presentaron outras obras del, como Mal de escola . A mesa de debate recibiunos coa primeira escolla aínda sen desvelar. Resultou ser A neta do señor Linh , de Philippe Claudel, traída para o galego por Rinoceronte Editora . É unha novela pequena pero grande. Aínda que se pode ler nunha tarde, aconsellamos que se faga amodo, gozando dos detalles, das palabras, de cada parágrafo... E non dicimos máis nada, porq

Cogomelos no centro

Aproveitando a exposición de cogomelos feita no instituto polos nosos compañeiros de Ciclo Medio de Forestais podedes participar dende o voso móbil nun cuestionario sobre estes fungos.      Participa