INFORME PISA
O Informe do Programa Internacional para a Avaliación de Estudantes, ou Informe PISA polas súas siglas en inglés (Programme for International Student Assessment) baséase na análise do rendemento de estudantes a partir duns exames mundiais que se realizan cada tres anos e que teñen como fin a valoración internacional dos alumnos. Este informe é levado a cabo pola OCDE (Organización para a Cooperación e Desenvolvemento Económico), que se encarga da realización de probas estandarizadas a estudantes de 15 anos, medindo a competencia en ciencia, a competencia matemática e a comprensión lectora.
Acaban de publicarse os resultados do último informe, no que participaron ao redor de 65 países, e se ben Galicia se sitúa por riba da media estatal nos tres apartados, non hai que esquecer que
España está por debaixo da media da OCDE, así que aínda é moito o que nos queda por mellorar.
Ampliar esta información aquí