Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta ciencia

Expolibros: darse a ver para animar a ler

O vestíbulo e os corredores do IES Antón Alonso Ríos volven mostrar seleccións de libros temáticos, as novidades da Biblioteca... Esta nova era pandemia-covid non nos permite andar folleando os libros todos á vez, pero si seleccionar tal ou cal obra e levala en préstamo para a nosa casa. Tendes na entrada do instituto unha escolla das novidades de ciencia que chegaron á nosa biblioteca. Se che interesa algún exemplar, só tes que ir ata a biblioteca e comentárnolo ou enviar un correo electrónico a btomino@gmail.com e solicitalo. 

Eclipse de Lúa o mércores día 15 de xuño

O próximo mércores 15 de xuño  poderemos observar unha Eclipse Total de Lúa. Comeza cedo, así que cando saia a  Lúa xa aparecerá no horizonte parcialmente eclipsada, pero vale a pena estar pendentes dela pola fermosa cor avermellada que ofrecerá. A eclipse continuará aumentando ata o punto máximo que se producirá ás 20:13 U.T (no noso reloxo, GMT+2, ou sexa: ás 22:13) Esperemos que estea despexado!

No 2011 será noticia

2011 vai ser o Ano Internacional da Química, tal como decidiron a UNESCO e a IUPAC (Unión Internacional de Química Pura e Aplicada). O lema será: “A química, a nosa vida, o noso futuro”. A química mellorou a nosa calidade de vida desde tempos inmemoriais e en todos os ámbitos da nosa vida: alimentación, potabilización da auga,  recipientes, medicamentos, industria téxtil,  novas tecnoloxías, produtos de limpeza, etc... O 27 de xaneiro será a cerimonia inaugural en París e a partir dese momento comezarán as actividades conmemorativas que se repartirán ao longo do ano en moitos lugares do mundo: conferencias, concursos, exposicións... Hai moitísimas actividades. A listaxe completa atópase na páxina web do Foro Química e Sociedade . O ano 2011 coincide co centenario do Premio Nobel de Química outorgado a Marie Curie . Marie Curie foi a primeira persoa en recibir dous premios Nobel en dous campos diferentes e a primeira muller en ser profesora n...

Eclipse o día 4

O día 4 de xaneiro de 2011 vaise producir unha eclipse parcial de sol que en España será moi madrugadora: o máximo producirase sobre as 8:45 - 9:00 h, de maneira que na nosa zona o sol xa sairá eclipsado, pois o mencer é ás 9:01 (todas estas son as horas locais). A porcentaxe de sol eclipsado pode variar, estando en torno ao 65% no norte peninsular. Vale a pena madrugar e esperemos que o tempo acompañe, porque ata novembro de 2013 non teremos, na nosa rexión, outra oportunidade coma esta. Non esquezades que para observar a eclipse debedes usar filtros adecuados ou adquirir uns lentes especiais que soen vender nas ópticas por moi bo prezo. Tamén valen os cristais de protección dos soldadores que estean numerados do 14 ao 16. Que tempo fará o día 4? : aquí