Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2019

Saída lectora co Club de Lectura do Baixo Miño

Durante este curso, botou a andar o Club de Lectura do Baixo Miño, composto polos grupo de alumnado destes centros educativos: CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal), IES A Sangriña (A Guarda), IES Indalecio Pérez Tizón (Tui) e mais o noso.  Estes catro centro xuntámonos en tres ocasións e este é resumo en vídeos do última quedada.    Fomos ata Vigo, para facer a ruta literaria de Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta , guiados pola propia autora. Na cidade olívica tamén visitamos dúas tipoloxías de bibliotecas públicas: a Biblioteca Nodal Xoán Compañel e a Biblioteca-Centro de Documentación do Museo de Arte Contemporánea de Vigo.  Logo trasladámonos ao escenario de A praia dos afogados en   Panxón (Nigrán). Durmimos unha noite da Residencia de Tempo Libre de Panxón e, ese venres á noitiña, celebrouse unha actividade en torno á narración oral a partir do álbum ilustrado Los misterios del señor Burdick .  O sábado pola mañá tivo lugar unha xincana en grupos pol

Clubs de lectura da ESO: última quedada 18/19

Vén fin de curso e, antes de centrarnos no empacho de exames, quixemos clausurar os nosos dous clubs de lectura da ESO. Este ano consolidáronse dous grupos: o de 1º e 2º ESO e o de 3º e 4º ESO. Con todo, gustounos facer as xuntanzas o mesmo día e todos escoitaron as intervencións de cada un de nós e o debate sobre as lecturas. Aprendemos lendo, falando, escoitando, debatendo... Neste 3º trimestre, lemos por moitos motivos, e ler para logo ir de ruta tamén é unha razón moi válida. Xunto coas nosas novas amizades do Club de Lectura do Baixo Miño (IES A Sangriña, IES Indalecio Pérez Tizón e CPI Manuel Suárez Marquier), acordamos ler:  - Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta , de Ledicia Costa, entre o alumnado de 1º e 2º ESO. - A praia dos afogados , de Domingo Villar, entre os que cursan 3º e 4º ESO. Logo de xantarmos xuntos, e antes do debate lector propiamente dito, botámoslle unha xincana das nosas. Desta volta, como se foramos Leo Caldas, tocounos Caso F

E ti, como les? Concurso de fotografía

Como ben sabedes, este ano a biblioteca do noso IES está a vivir un tremendo cambio de look que non poderemos dar por rematado sen coñecer como le a nosa comunidade educativa . Di Daniel Pennac en Como unha novela  que os lectores temos, entre outros nove, o dereito a ler en calquera sitio... Mais en que sitios le a nosa comunidade educativa? Estamos desexando coñecelo, e por iso lle pedimos ao noso alumnado de 3º ESO que nos axude: entre o 4 e o 17 de maio poderedes enviar á conta de correo da biblioteca (btomino@gmail.com) un retrato lector , isto é, unha fotografía de unha, dúas... persoas lendo. De entre estas fotografías escolleremos cinco finalistas, que quedarán expostas na nosa biblio ata o vindeiro curso. Ademais, a comunidade educativa votará para escoller a súa fotografía favorita e o seu/súa autor/a levará un agasallo especial! As bases quedarán expostas nos taboleiros das aulas de 3º ESO. Para calquera dúbida, enviar un email á conta da biblioteca. Animádevos

As superaventuras de 2º ESO

O pasado 5 de abril, o noso alumnado de 2º ESO participou nun novo concurso de microrrelatos. Esta vez o reto era compoñer a primeira superaventura da heroína que vedes na fotografía en apenas 30 liñas, todo un desafío! Mais, como de costume, os/as nosos/as estudantes saíron airosos, poñendo nun bo problema ao noso xurado, que tivo que escoller só cinco finalistas. Agora é a vosa quenda, queridos lectores! Xunto á entrada da sala de profesores poderedes atopar os microrrelatos finalistas, as papeletas e a urna para os votos: elixide ao gañador do concurso As superaventuras !