Como ben sabedes, este ano a biblioteca do noso IES está a vivir un tremendo cambio de look que non poderemos dar por rematado sen coñecer como le a nosa comunidade educativa.
Di Daniel Pennac en Como unha novela que os lectores temos, entre outros nove, o dereito a ler en calquera sitio... Mais en que sitios le a nosa comunidade educativa? Estamos desexando coñecelo, e por iso lle pedimos ao noso alumnado de 3º ESO que nos axude: entre o 4 e o 17 de maio poderedes enviar á conta de correo da biblioteca (btomino@gmail.com) un retrato lector, isto é, unha fotografía de unha, dúas... persoas lendo. De entre estas fotografías escolleremos cinco finalistas, que quedarán expostas na nosa biblio ata o vindeiro curso. Ademais, a comunidade educativa votará para escoller a súa fotografía favorita e o seu/súa autor/a levará un agasallo especial!
As bases quedarán expostas nos taboleiros das aulas de 3º ESO. Para calquera dúbida, enviar un email á conta da biblioteca.
Animádevos a participar!