Vén fin de curso e, antes de centrarnos no empacho de exames, quixemos clausurar os nosos dous clubs de lectura da ESO. Este ano consolidáronse dous grupos: o de 1º e 2º ESO e o de 3º e 4º ESO.
Con todo, gustounos facer as xuntanzas o mesmo día e todos escoitaron as intervencións de cada un de nós e o debate sobre as lecturas. Aprendemos lendo, falando, escoitando, debatendo...
Neste 3º trimestre, lemos por moitos motivos, e ler para logo ir de ruta tamén é unha razón moi válida. Xunto coas nosas novas amizades do Club de Lectura do Baixo Miño (IES A Sangriña, IES Indalecio Pérez Tizón e CPI Manuel Suárez Marquier), acordamos ler:
- Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costa, entre o alumnado de 1º e 2º ESO.
- A praia dos afogados, de Domingo Villar, entre os que cursan 3º e 4º ESO.
Logo de xantarmos xuntos, e antes do debate lector propiamente dito, botámoslle unha xincana das nosas. Desta volta, como se foramos Leo Caldas, tocounos Caso Floral, investigación olores.
Tamén aproveitamos a xuntanza para avaliar a xestión e a vida do club en si. As docentes coordinadoras tomaron nota e para o ano máis e mellor!
Ata o ano, mocidade lectora!