Durante este curso, botou a andar o Club de Lectura do Baixo Miño, composto polos grupo de alumnado destes centros educativos: CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal), IES A
Sangriña (A Guarda), IES Indalecio Pérez Tizón (Tui) e mais o noso. Estes catro centro xuntámonos en tres ocasións e este é resumo en vídeos do última quedada.
Fomos ata Vigo, para facer a ruta literaria de Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, guiados pola propia autora. Na cidade olívica tamén visitamos dúas
tipoloxías de bibliotecas públicas: a Biblioteca Nodal Xoán Compañel e a Biblioteca-Centro
de Documentación do Museo de Arte Contemporánea de Vigo.
Logo trasladámonos ao
escenario de A praia dos afogados
en Panxón (Nigrán). Durmimos unha noite
da Residencia de Tempo Libre de Panxón e, ese venres á noitiña, celebrouse unha
actividade en torno á narración oral a partir do álbum ilustrado Los misterios del señor Burdick.
O
sábado pola mañá tivo lugar unha xincana en grupos polos escenarios de obra de
Domingo Villar.
Podedes ver un resumo de todas as etapas desta saída escolar nestes vídeos: