Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2008

Eu tamén leo...La pasión india

Chegou o verán, tempo de lecer e, como non, de ler. Propoñémosvos unha viaxe á India para estas vacacións. Un libro que vale a pena , por Alberto Fagín, profesor do Ciclo de Traballos Forestais A protagonista é unha moza andaluza, a principios do século XX, que vive en Madrid e traballa como bailaria nun local de recoñecido prestixio. O local recibe un día a visita dun Rajá hindú que queda prendado da súa beleza. Entón empeza unha relación amorosa que termina coa sua unión e a moza convértese na nova princesa de Kapurtala, unha rexión moi pobre da India. Ó longo da novela cóntase a historia desa muller que narra as súas vivencias nun lugar tan diferente do que ela coñecía, a convivencia multicultural nese enorme país de tanta diversidade relixiosa, como funcionaba a ocupación británica e como había conflitos entre ámbalas dúas partes, describe a problemática (que aínda existe actualmente) no norte do país, e sobre todo o libro é magnífico pola extraordinaria descrición que fai dos cost...

actividades fin de curso

... O vindeiro venres día 20 pecharemos o curso cunha serie de actividades a partir do recreo, entre elas o sorteo das cocas para o premio do Catálogo de árbores senlleiras , e a entrega dos diferentes premios a cargo da Biblioteca (Día do Libro, Concurso de deseño "o papasol"...) Por certo, no salón de actos poderedes ver a exposición con todos os deseños participantes. Unha vez máis, grazas a todos e todas !! ...

Prazos de matrícula

Pronto rematará o curso e teremos que ir pensando no curso que vén, así que aquí tedes a información necesaria para matricularvos no noso centro: PARA MATRICULARSE NA ESO 1º E.S.O. Prazo de matrícula : 23, 24 e 25 de xuño de 2008 (de 9 a 14 h) Documentación : - Impreso de matrícula debidamente cuberto (adquírese no propio centro: 0,50 € ) - 2 fotos para o expediente co nome e apelidos por detrás - 2 fotos para o pase de autobús (se utiliza transporte) co nome e apelidos por detrás - Fotocopia DNI (sen recortar) ou fotocopia libro familia - Fotocopia tarxeta sanitaria (sen recortar) Alumnos doutros CONCELLOS: Certificado de empadronamento Para os demais cursos da ESO: 1. ALUMNOS DO PROPIO CENTRO Prazo de matrícula - Se aproban TODO en xuño: 26, 27 e 30 de xuño de 2008 (de 9 a 14 h) - Se suspenden algunha en xuño matricúlanse en setembro, despois de faceren os exames de setembro. Documentación: 2ºESO: - Impreso de matrícula debidamente cuberto (adquírese no propio centro: 0,50 € ) - 1 fo...

Eu tamén leo... “El maravilloso viaje de Nils Holgersson”

Os libros que lemos cando nenos acompáñannos para sempre. Realmente, non seriamos nós mesmos sen eles. Algúns, co paso do tempo, convértense en clásicos, como este de Selma Lagerlöf, Premio Nobel de Literatura en 1909. A infancia é a nosa patria , por Eduardo Fresco, profesor de Filosofía Se é certo que a infancia é a nosa patria, o meu país nativo tal vez fora Suecia. Cando era aínda máis pequeno que agora, sempre, sempre que estaba enfermo (e librábame de ir ao colexio) lía o mesmo libro: “El maravilloso viaje de Nils Holgersson a través de Suecia”, de Selma Lagerlöf. Conta cómo un rapaz é convertido nun duende e emprende, subido a un ganso doméstico adoptado por unha bandada de gansos salvaxes, unha longa migración cara ao norde a través de toda Suecia. En realidade (iso entendino máis tarde) é un libro de xeografía para escolares escrito por encargo do goberno, grazas ao cal miles de rapaces suecos aprenderon, dende 1906, a mitoloxía, a historia e os costumes do país, a ubicación ...