Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta educación

Celebrando o Día da Paz

A mediados de curso

Estamos nun momento delicado: o bastante lonxe do incio de curso para sentirnos cansos, pero falta moito para final de curso aínda. Por iso, precisamos unha boa dose de enerxía e optimismo. Así que aquí vos deixamos algunas suxestións: PARA O ALUMNADO PARA O PROFESORADO PARA OS PAIS E NAIS

Educando en valores na aula

No excelente blog KMiño das Letras temos unhas interesantes propostas para traballar en valores na aula, por exemplo en titoría ou en Atención Educativa. Como son curtas, permiten o visionado nunha única sesión e o debate posterior. Algunhas xa as insertamos aquí no pasado, así que agora non o faremos pero pinchando no título podes conseguilas. 1. O Circo das Bolboretas : Esta curta xa é todo un clásico, tratando valores como o respecto ou a dignidade, a necesidade de sentirse aceptados polos demais, romper coas barreiras autoimpostas...  2. Por catro esquiniñas de nada . Esta curta propón aceptar ás persoas que, por un motivo ou outro, son diferentes a nós. Hai que ser tolerantes e solidarias con elas e integralas no noso ambiente, non cambiar a súa forma ou xeito de ser. Neste caso, os seus protagonistas non son persoas senón figuras xeométricas; en concreto, un cadrado e varios círculos. 3.  Pipas : Avalada por diferentes premios, Pipas reflicte a importanc...

Reflexión e lecer para profesores e estudantes

Chegan as vacacións a aumenta o tempo de lecer, que podemos aproveitar para reflexionar sobre o noso papel como docentes ou como estudantes. Dentro da educación existen moitos temas para o debate que a miúdo son retratados nas películas deixando pegada nas persoas que as ven. Ofrecémosvos algunhas películas para ver nas vacacións, gozar e reflexionar sobre o feito educativo. 1.   REBELIÓN EN LAS AULAS 2. LOS DIARIOS DE LA CALLE 3.  EL CLUB DE LOS POETAS MUERTOS 4.   LECCIONES INOLVIDABLES 5. MENTES PELIGROSAS 6. EDUCANDO A RITA 7. MÚSICA DEL CORAZÓN 8. VIDA DE UN ESTUDIANTE 9. EL INDOMABLE WILL HUNTING 10. LA OLA 11. PROFESOR HOLLAND 12. LA LENGUA DE LAS MARIPOSAS 13. ESTRELLAS EN LA TIERRA 14. HOY EMPIEZA TODO 15. DETRÁS DE LA PIZARRA 16. LA CLASE 17. LA SONRISA DE LA MONA LISA 18. EL CLUB DE LOS EMPERADORES 19. DÉJATE LLEVAR 20. LOS CHICOS DEL CORO 21. UNIDOS PARA TRIUNFAR 22. AL FRENTE DE LA CLASE 23. EL PROFESOR 24. P...

Pi ...

Hoxe propoñémosvos ver esta curta, que o pasedes ben! Corto PIPAS from Manuela Moreno on Vimeo .

Tecnoloxías e educación

Interesante conferencia de JORDI ADELL, Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación, sobre o uso das tecnoloxías na aula, para reflexionar neste comezo de curso...

Unha visión diferente da hiperactividade

Ao comezar o curso estamos todos e todas coñecéndonos e aprendendo a convivir con novos profesores e alumnos, afacéndonos a horarios diferentes e tantas outras adaptacións necesarias para que a experiencia educativa funcione. Hoxe propoñémosvos unha visión diferente do TDAH, cada vez máis frecuente nas nosas aulas, esperando que contribúa a unha maior comprensión do problema: .  

Por riba da media española, pero por debaixo da OCDE

INFORME PISA O Informe do Programa Internacional para a Avaliación de Estudantes, ou Informe PISA polas súas siglas en inglés (Programme for International Student Assessment) baséase na análise do rendemento de estudantes a partir duns exames mundiais que se realizan cada tres anos e que teñen como fin a valoración internacional dos alumnos. Este informe é levado a cabo pola OCDE (Organización para a Cooperación e Desenvolvemento Económico), que se encarga da realización de probas estandarizadas a estudantes de 15 anos, medindo a competencia en ciencia, a competencia matemática e a comprensión lectora. Acaban de publicarse os resultados do último informe, no que participaron ao redor de 65 países, e se ben Galicia se sitúa por riba da media estatal nos tres apartados, non hai que esquecer que España está por debaixo da media da OCDE, así que aínda é moito o que nos queda por mellorar. Ampliar esta información aquí

PROXECTO COMENIUS

Un grupo de profesores do IES de Tomiño está participando, en colaboración con centros de varios países europeos nun proxecto Comenius. O noso proxecto titúlase « Os Medios de comunicación, unha canle para Europa » (Les médias: un canal pour l'Europe). Este traballo ten como obxectivo sensibilizar ao alumnado (14-17 anos) acerca da súa pertenza a Europa, mediante o uso dos medios de comunicación (prensa, televisión, internet, radio), facilitar o diálogo intercultural, favorecer a educación e desenvolver unha posición crítica cos medios de comunicación. Neste proxecto bianual está previsto realizar diferentes actividades: · enquisas · revista de prensa (analizar como un mesmo suxeito é tratado nos diferentes países europeos) · concursos de fotoperiodismo · colaboración con profesionais dos medios de comunicación · elaboración dunha Primeira Páxina · creación dun Xornal · análise de medios de prensa europeos en diferentes formatos Consulta a páxina do Comenius aquí Este sitio web, co...

Somos noticia

Desde a Biblioteca damos a benvida a todos e todas para un novo curso escolar. Esperamos vervos o xoves 18 cheos de enerxía e ilusión! Ultimamente puidemos ler na prensa moitas novas relacionadas co ensino, como sempre que se inicia a campaña de "Volta ao Cole"... A revista especializada "Magisterio" publicou a comezos deste mes un estudo que está dando moito que falar. Os últimos datos, do curso 2005-2006, poñen a media do fracaso escolar en España nun 30,8%, polo tanto aumentou 2,3 puntos nos dous últimos anos. O problema é serio: case un terzo da nosa mocidade abandona os estudos antes de tempo, sen rematalos, con consecuencias negativas para o seu futuro. Por comunidades podemos comprobar, porén, que as que menos fracaso escolar presentan son, por orde: Asturias, País Vasco, Navarra, Cantabria, Castela e León e Galicia. O fracaso escolar en Galicia, 25,1% , está bastante por debaixo da media estatal, pero aínda así debemos concienciarnos de que aínda queda moit...