Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta radio na bibio

Lugares emblemáticos de Galicia e curiosidades de Portugal

      Aquí tedes unha mostra do traballo realizado polo alumnado das materias de Oratoria e Portugués de 3º ESO, despois de recibir a formación de Damián Alonso, membro da asociación  Ponte nas Ondas.. Ao longo deste proxecto, os estudantes investigaron, prepararon e expuxeron información sobre algúns dos lugares máis emblemáticos de Galicia, destacando o seu valor histórico, cultural e natural. Ademais, complementaron este percorrido con curiosidades sobre Portugal, descubrindo aspectos singulares da súa cultura, tradicións, gastronomía e patrimonio.      Este traballo permitiulles desenvolver habilidades de investigación, comunicación oral e expresión en público, ao tempo que afondaron no coñecemento de dous territorios unidos por unha estreita relación histórica, lingüística e cultural. Agardamos que estas presentacións resulten interesantes e que vos inviten a descubrir un pouco máis da riqueza de Galicia e de Portugal. Torre de Hércules ...

A ciencia dos avós

       Este ano centramos o noso proxecto de investigación na ciencia dos avós e o alumnado que traballou arreo foi o de 4º ESO. Para conseguir o produto final, previamente tiveron que entrevistar aos seus avós coa finalidade de coñecer como a ciencia está presente nas súas vidas en tarefas moi cotiás como pode ser facer o viño, o licor de café, o uso da cociña de leña, a elaboración de xabróns, etc. facendo un vídeo. Posteriormente elaboraron un guión radiofónico no que analizaron e extraeron algunhas das frases dos seus avós que logo incorporaron ao seu traballo radiofónico.      Finalmente chegou o momento de difundir os coñecementos adquiridos e as súas propias reflexións mediante o uso da radio. Para iso recibiron unhas pequenas nocións técnicas do uso da mesa de mesturas e do editor de son “Audacity” para ser eles os protagonistas destes programas de radio . Aquí tedes unha selección deles      XABRÓNS ARTESANAIS     ...

O mundo actual

O alumnado de 3º ESO quixo contribuír aportando a súa visión do que está acontecendo no mundo    📙 Literatura    🏀 Baloncesto   🏈 Fútbol   🙋 Moda   🚖 Motor   📶 Ciberataque   🔑 Ciberseguridade  

Recomendacións lectoras

  O alumnado de 1º ESO C tamén contribuíu coas súas voces para recomendarnos certos libros para o verán. Pinchade nas seguintes iconas e escoitade. 📻   A expedición do Pacífico de Marilar Aleixandre 📻    A señorita Bubble  de Ledicia Costas. 📻   Mamá, quero ser Ziggy Startust  de Iria Misa 📻   Escarlatina, a cociñeira defunta d e Ledica Costas               

Teatro radiofónico

O alumando de 1º ESO D leu a obra e decidiu facer a súa propia representación radifónica . Foi unha experiencia inolvidable para moitos, xa que non sabían que eran capaces de locutar tan ben . Se queredes mergullarvos nas súas voces ide pinchado nos distintos fragmentos. 📢 FRAGMENTO 1 📢 FRAGMENTO 2 📢 FRAGMENTO 3 📢 FRAGMENTO 4 📢 FRAGMENTO 5 📢 FRAGMENTO 6

A Importancia da memoria na nosa vida

            Neste programa de radio agóchase moito da importancia que ten para o ser humano a memoria. O medo a perdela  pode estar relacionada coa perda da identidade persoal, a aprendizaxe , a socialización e a sobrevivencia. Ela permite  que recuperemos información do pasado, lembrando quen somos e como interferimos no mundo que nos rodea.                                Dálle clic á imaxe e desfruta da radio en vivo. 

A radio dos avós

Este ano centramos o noso proxecto de investigación na radio dos avós e o alumnado que traballou arreo foi o de 4º ESO. Para conseguir o produto final, previamente tiveron que entrevistar aos seus avós coa finalidade de coñecer o impacto que tivo a radio nas súas vidas cando eran novos, facendo un vídeo. Posteriormente elaboraron un guión radiofónico no que analizaron e extraeron algunhas das frases dos seus avós que logo incorporaron ao seu traballo radiofónico. Finalmente chegou o momento de difundir os coñecementos adquiridos e as súas propias reflexións mediante o uso da radio. Para iso recibiron unhas pequenas nocións técnicas do uso da mesa de mesturas e do editor de son “Audacity” para ser eles os protagonistas destes programas de radio que podedes escoitar no seguinte enlace.  Eles realizaron a búsqueda de información, a selección,  a creación e a difusión dela, tan importante este proceso  hoxe en día, é dicir, traballo específico de alfabetización docume...

Homenaxe a Antón Alonso Ríos

O pasado mes de novembro de 2016 Tomiño elixiu por votación popular recoñecer a labor e a aportación do persoeiro Anton Alonso Ríos bautizando o noso instituto co seu nome. Estes días o Concello celebra no noso centro unhas xornadas adicadas a rendir tributo e lembranza a esta figura fundamental da historia de Tomiño, do Baixo Miño e de Galicia no campo do ensino e da política no movemento agrarista durante a II República. Antón Alonso Ríos naceu en Silleda en 1887 no seo dunha familia labrega. A pesares do seu orixe humilde foi quen de cursar maxisterio, mostrando dun xeito temprano un grande interés polo ensino, e estudou da mán de un dos académicos máis destacados da época, Víctor Fraiz Andión. Desenvolveu a súa vocación educativa na Arxentina, onde emigrou e comezou a súa actividade en torno ao asociacionismo galego na emigración e co movemento agrarista. De volta en Galicia foi director da escola da emigración “Aurora do Porvenir” de Tomiño. Os seus métodos i...

Calendario escolar 2017-18

Imos tomar unhas merecidas vacacións e mentres aquí vos deixamos un avance do que será o vindeiro curso. Vémonos en setembro! O 15 de setembro, venres, comezarán as clases para os estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional. O final do curso será o xoves 21 de xuño de 2018 (menos os alumnos de segundo de bacharelato, que sempre acaban antes para someterse ás probas de acceso á universidade). En decembro de 2017 gozaremos da Ponte desde o día 6 ao 10. As vacacións de Nadal comprenden do 22 de decembro a o 7 de xaneiro de 2018, ambos inclusive. Esta vez o 6 de xaneiro coincide en sábado así que volveremos a clase o luns 8 de xaneiro. As vacacións do Entroido abranguen do luns 12 de febreiro ao mércores 14 incluídos. Semana Santa: do 24 de marzo ao 2 de abril. Este é o calendario escolar é para a Comunidade Autónoma de Galicia polo que non inclúe os festivos municipais, que cambian dependendo o concello.   Se queres o calendario...

Letras galegas 2017

Este ano, no Día das letras galegas, homenaxéase a Carlos Casares . Carlos Casares naceu en Ourense o 24 de agosto de 1941, e morreu o 9 de marzo de 2002 en Vigo. Iniciouse nos estudos eclesiásticos aos once anos, tras ingresar no seminario Ourensán, onde viviu un ambiente represivo e con prohibición expresa de utilizar a lingua galega.   Cursou estudos de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago, que finalizará no 1967-68, na especialidade de Filoloxía Románica. Durante estes anos entrou en contacto coa cultura galeguista e co movemento antifranquista estudantil. E, tras finalizar os seus estudos, entre outras ocupacións exerceu a docencia nalgúns centros, onde tivo problemas coa directiva e mesmo acabou expulsado polo seu aberto antifranquismo, ademais de participar en distintas iniciativas de impulso cultural. Casares, á súa vez, tivo un importante papel como figura pública. De feito, foi un dos asinantes do manifesto Realidade Galega, para lograr un Estatuto Gal...

¿Lemos o libro ou vemos a peli?

Portada do libro (Andel Novidades) Baseada na novela homónima de Patrick Ness , "Un monstro vén a verme" é unha drama fantástico que nos conta a historia de Conor, un neno de 12 anos que non ten unha vida normal: mentres que a súa nai está gravemente enferma, o mozo sofre un insoportable acoso escolar. É por iso que Conor construíu un mundo de fantasía para poder escapar da crúa realidade. Con todo, este universo cobrará forma cando un día un verdadeiro monstro o visite na súa habitación. A partir de entón, o mozo iniciará unha aventura sen precedentes para enfrontarse á dor, a verdade e a unha avoa que se empeñará en que o mozo comece a madurar. Despois das exitosas cintas "O orfanato" e "O imposible", o director Juan Antonio Bayona contou con parte do equipo co que traballou nos seus anteriores proxectos para facer esta película que posúe avanzadas técnicas de animación empregadas polo propio Steven Spielberg e que se converteu na película máis vis...

Para decorar a vosa aula

Algunhas clases xa comezan a traballar duro para gañar o concurso da mellor aula do instituto. E a vosa? Atoparedes ideas estupendas nesta páxina para decorar a vosa aula con manualidades para Halloween: http://www.imageneseducativas.com/completa-coleccion-de-manualidades-infantiles-para-halloween-videos-tutoriales-plantillas/

Máis curtas educativas

A trompeta máxica: Ambientada nos anos posteriores á gran depresión do 29, cando nace o Swing e se producen graves disturbios raciais, trata dun barbeiro racista que cambiará de actitude tras descubrir unha trompeta máxica.   Festa nas nubes: xenial, divertida e emotiva historia. The change / O Cambio , pretende explicar dun xeito sinxelo e divertido problemas e solucións en relación co cambio climático (deforestación, extracción de recursos naturais...) Un instructivo video que pon de manifesto as diferenzas entre países ricos e pobres e a incidencia do sistema de produción e consumo actual nas poboacións indíxenas. Máis propostas de CURTAS EDUCATIVAS