Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta letras galegas

Letras galegas 2017

Este ano, no Día das letras galegas, homenaxéase a Carlos Casares . Carlos Casares naceu en Ourense o 24 de agosto de 1941, e morreu o 9 de marzo de 2002 en Vigo. Iniciouse nos estudos eclesiásticos aos once anos, tras ingresar no seminario Ourensán, onde viviu un ambiente represivo e con prohibición expresa de utilizar a lingua galega.   Cursou estudos de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago, que finalizará no 1967-68, na especialidade de Filoloxía Románica. Durante estes anos entrou en contacto coa cultura galeguista e co movemento antifranquista estudantil. E, tras finalizar os seus estudos, entre outras ocupacións exerceu a docencia nalgúns centros, onde tivo problemas coa directiva e mesmo acabou expulsado polo seu aberto antifranquismo, ademais de participar en distintas iniciativas de impulso cultural. Casares, á súa vez, tivo un importante papel como figura pública. De feito, foi un dos asinantes do manifesto Realidade Galega, para lograr un Estatuto Gal...

Festa das Letras maio 2016

Deixámosvos aquí algunhas imaxes para a MEMORIA (tema elixido este ano para o Milladoiro das Palabras) da celebración das Letras Galegas este ano.  

Letras galegas 2016

ENNOBELANDO ESPERANZAS

       Así se titula esta exposición de 30 traducións do poema PENÉLOPE de X. Mª DÍAZ CASTRO, que podes ver ata o día 20 de outubro na nosa Biblioteca . Os Equipos de Dinamización Lingüística dos IES Monte Carrasco de Cangas, Carlos Casares de Vigo e Indalecio Pérez Tizón de Tui elaboraron esta homenaxe a Xosé María Díaz Castro no Día das Letras Galegas 2014. Buscando rememorar o carácter de tradutor políglota do autor de Nimbos , pretendíase atopar tradutoras ou tradutores a outras linguas do seu emblemático poema “ Penélope ”. As 30 linguas representadas son: castelán, éuscaro, catalán, asturianu, aranés, portugués, francés, checo, grego clásico, holandés, inglés, italiano, latín, oshiwambo, quechua, romanés, ruso, suahili, sueco, urdu, xaponés, chinés, búlgaro, polaco, alemán, hindi, árabe e mapuche. Con elas elaboráronse paneis para a súa exposición, ilustrados, principalmente, polo alumnado do Monte Carrasco, material logo compilado e presentado...

Aí vén o Maio...

Un ano máis chega o Mes das Letras e con el as actividades de promoción da lingua galega como "Lingua de namorar" ou "Tíralle da lingua" nas que vos animamos a participar. No noso centro celebraremos a Festa das Letras o venres 18 de maio con diversas actividades, xincana, recitado de poemas, entrega de pedras no Milladoiro das Palabras, etc.

Maio das Letras

O vindeiro martes 3 de maio o noso alumnado de 1º ESO participará no Correlingua 2011, que este ano será en Salceda. páxina do Correlingua Por outra parte no noso centro celebraremos a Festa das Letras o venres 20 de maio, con actividades de diverso tipo, Milladoiro das Palabras, etc. Este ano o Día das Letras adícase a Lois Pereiro , que naceu en Monforte de Lemos no ano 1958. Con dezasete anos marchou a Madrid para continuar os seus estudos e alí fundou, xunto con Antón Patiño, Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas, a revista Loia, que só coñecería catro números (o último de 1978). Nesta publicación apareceron poemas do escritor monfortino que posteriormente serían recollidos en Poemas para unha loia (1996) —libro en que se inclúe o ensaio "Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia", que fora dado a coñecer ese mesmo ano nas páxinas da revista Luzes de Galiza . De regreso ao país, Pereiro figurou nas anto...

Día de Rosalía

O xoves 24 de febreiro, Día de Rosalía, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organiza unha lectura simultánea de textos rosalianos en varias cidades e vilas do país. Estes actos están abertos a todo o público que queira asistir, enviando previamente un correo electrónico á oficina at aelg.org para confirmar que poema vai ler cada asistente, e evitar así eventuais repeticións. - Santiago de Compostela: Panteón de Galegos/as Ilustres, San Domingos de Bonaval, 19:00 horas. - A Coruña: Kiosko Alfonso, 19:00 horas. - Vigo: Casa Galega da Cultura, 20:00 horas. - Lugo: Museo provincial, 19:30 horas. - Betanzos: Salón azul do Edificio do Liceo, 20:00 horas. Colabora a A. C. Eira Vella. - Ferrol: Galería Sargadelos, 19:00 horas. - Ourense. Libraría Torga, 18.00 horas (en colaboración con Gremio LiterAuria). - Pontevedra. Libraría Michelena, 20:00 horas. Podedes ampliar esta información aquí

Mes das Letras

O pasado xoves 6 de maio celebramos en Tomiño o Correlingua ! Esperamos que todos gozasedes coa actividade e citámosvos para o vindeiro venres 21 de maio, día en que celebraremos no noso centro a tradicional Festa das Letras : haberá actuacións musicais, recital de poemas de Uxío Novoneyra, exposición dos Maios, ofrenda de pedras no Milladoiro das palabras e varios actos máis. Non o esquezades: o venres 21 de maio, a partir das 12:00 h, Festa das Letras no IES de Tomiño.

Día das Letras Galegas

A semana pasada celebramos no centro a festa das Letras. Isabel Conde González , (2º bac. B) proponnos este contiño para que reflexionemos sobre a situación da nosa lingua. - Hola, buenos días. - Ola, bos días. - Usted ha venido a poner una denuncia, ¿verdad? - Si, veño denunciar ó meu irmán. - ¿A su hermano? ¿Y que le ha hecho su hemano? - Pois a verdade é que teño medo, penso que se propón acabar comigo. - ¿Y que le hace pensar eso? - Os feitos, señor, os feitos! - ¿Qué hechos? Explíquese. - Vostede debe saber que xa non é a primeira vez. El xa o intentou hai tempo, incluso estiven moitos anos detido, na cadea, sendo eu totalmente inocente, dixo que eu era perigoso, acusoume de querer traizoalo. E eu só quería vivir en paz, coma sempre, no meu fogar, coa miña xente… - Pero ahora usted es libre, y su situación es legal, está protegido por ley, ¿no? - Si, pero el quedou con moitas cousas que eran miñas, e non tiña dereito… e eu conformeime coa liberdade. Agora eu xa me estaba recuperan...