Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta tecnoloxías

Verdade ou mentira?

Hai moitas noticias falsas en Internet, algunhas disparatadas, outras interesantísimas... Propoñémosvos un xogo que consiste en descubrir se a seguinte nova é certa ou é un " bluff " (noticia falsa difundida na Rede). A nova sería algo así: "O libro que se autodestrúe" Para que os libros non teñan que esperar para ser lidos, a editorial independente arxentina Eterna Cadencia lanzou un orixinal proxecto denominado "O libro que non pode esperar". O texto desaparece aos 60 días de ser aberto! Os libros están selados pero cando o futuro lector quita o envoltorio e as follas entran en contacto co aire, a tinta comeza a desaparecer. Nese momento empeza a conta atrás e o lector ten só sesenta días para ler a obra antes de que as follas queden en branco. O inconveniente é que coas letras desaparece tamén a posibilidade de volver gozalo... Pois si, por incrible que pareza era VERDADE

Tecnoloxías e educación

Interesante conferencia de JORDI ADELL, Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación, sobre o uso das tecnoloxías na aula, para reflexionar neste comezo de curso...