Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta a nosa contorna
Dende o Equipo de Biblioteca do IES Antón Alonso Ríos queremos animarvos a que participedes nesta actividade na que a nosa profesora presentará a súa última novela publicada.  NON VOS ESQUEZADES!!!!

Homenaxe a Antón Alonso Ríos

O pasado mes de novembro de 2016 Tomiño elixiu por votación popular recoñecer a labor e a aportación do persoeiro Anton Alonso Ríos bautizando o noso instituto co seu nome. Estes días o Concello celebra no noso centro unhas xornadas adicadas a rendir tributo e lembranza a esta figura fundamental da historia de Tomiño, do Baixo Miño e de Galicia no campo do ensino e da política no movemento agrarista durante a II República. Antón Alonso Ríos naceu en Silleda en 1887 no seo dunha familia labrega. A pesares do seu orixe humilde foi quen de cursar maxisterio, mostrando dun xeito temprano un grande interés polo ensino, e estudou da mán de un dos académicos máis destacados da época, Víctor Fraiz Andión. Desenvolveu a súa vocación educativa na Arxentina, onde emigrou e comezou a súa actividade en torno ao asociacionismo galego na emigración e co movemento agrarista. De volta en Galicia foi director da escola da emigración “Aurora do Porvenir” de Tomiño. Os seus métodos i...

Tomiño pronto terá a súa biblioteca

Tomiño pronto terá a súa biblioteca municipal! Será nun lugar céntrico e accesíbel para os potenciais usuarios, ao lado do mercado, na antiga casa do médico, que será rehabilitada coa axuda do ministerio de Fomento, grazas a un convenio que a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, asinará proximamente. Celebramos esta noticia, que podes ampliar aquí .

Tomiñés ilustre

A proposta de todos os grupos e, por unanimidade, a corporación de Tomiño decidiu nomear fillo predilecto do concello a Xosé Luís Franco Grande. Nado na parroquia de Tebra, no concello de Tomiño, no ano 1936, Franco Grande, que estudou Dereito na Universidade de Santiago e exerceu a avogacía como asesor xurídico da Caixa de Aforros Municipal de Vigo, é unha figura destacada do galeguismo, escritor e membro da RAG. É polas súas importantes achegas á cultura galega e pola súa traxectoria intelectual que se lle nomea fillo predilecto. Foi autor no ano 1968 do Dicionario galego-castelán de Galaxia, libro que serviu de guía ás primeiras xeracións de estudantes de galego. Tamén afondou na poesía, no teatro e no ensaio, chegando a gañar o Premio Eduardo Pondal. A corporación tomiñesa celebrará proximamente un acto para formalizar o nomeamento.

Premiados no concurso de carteis contra a violencia de xénero

. O pasado mes de novembro, o Concello de Tomiño convocou un concurso de carteis contra a violencia de xénero; ofrecémosvos aquí os carteis gañadores: 1º premio, obra de Héctor Gutiérrez ................................................................................ 2º premio, obra de Rebeca Fernández ................................................................................ 3º premio, obra de Adrián Besada .

Concurso "Contos de Nadal"

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello e a OMIX convocan un concurso de “Contos de Nadal”, con tema libre anque centrado no Nadal, escritos en galego e unha extensión máxima de 5 folios (letra Times New Roman, tamaño 12, dobre espazo). O prazo de entrega dos relatos remata o 22 de decembro. Os orixinais presentaranse, mediante o sistema de plica, na oficina da OMIX, ou no Servizo de Normalización Lingüística, ou poden enviarse por correo a CONTOS DE NADAL, CONCELLO DE TOMIÑO, Praza do Seixo 1, 36740 Tomiño. Establécense tres categorías con dous premios cada unha: Categoría A (de 6 a 8 anos): 1º premio de 60 euros + un lote de libros / 2º premio : un lote de libros Categoría B (de 9 a 12 anos): 1º premio de 60 euros + un lote de libros / 2º premio : un lote de libros Categoría C (de 13 a 18 anos): 1º premio de 100 euros + un lote de libros / 2º premio : un lote de libros A entrega de premios realizarase o día 24 de decembro no salón de plenos do Concello de Tomiño ás 12....

Somos noticia

Desde a Biblioteca damos a benvida a todos e todas para un novo curso escolar. Esperamos vervos o xoves 18 cheos de enerxía e ilusión! Ultimamente puidemos ler na prensa moitas novas relacionadas co ensino, como sempre que se inicia a campaña de "Volta ao Cole"... A revista especializada "Magisterio" publicou a comezos deste mes un estudo que está dando moito que falar. Os últimos datos, do curso 2005-2006, poñen a media do fracaso escolar en España nun 30,8%, polo tanto aumentou 2,3 puntos nos dous últimos anos. O problema é serio: case un terzo da nosa mocidade abandona os estudos antes de tempo, sen rematalos, con consecuencias negativas para o seu futuro. Por comunidades podemos comprobar, porén, que as que menos fracaso escolar presentan son, por orde: Asturias, País Vasco, Navarra, Cantabria, Castela e León e Galicia. O fracaso escolar en Galicia, 25,1% , está bastante por debaixo da media estatal, pero aínda así debemos concienciarnos de que aínda queda moit...

Novas da OMIX (abril 2008)

Como xa saberedes, está á vosa disposición no Campo da Feira a Oficina Municipal de Información Xuvenil. Tel/Fax 986 623 304 Correo electrónico: omixtominho@yahoo.es Eli é a técnica de mocidade, que visita habitualmente o noso centro e nos informa de moitas actividades interesantes ás que te podes apuntar. Por exemplo, para este mes de abril tes as seguintes, dirixidas a mozos e mozas de 12 a 35 anos e totalmente gratuitas: - Programa de deshabituación tabáquica. Comezo o 15 de abril na OMIX. - Xornadas de educación vial. Mércores 30 de abril no IES de Tomiño. - Curso de Malabares. Sábado 12 e Domingo 13 de abril no Campo da Feira. - Curso de Pandeireta. Comezo o 9/16 de abril no Centro Goianés. - Concurso de Pintura (estilo libre). Prazo de entrega dos traballos: 28 de abril. Ademais é importante destacar que xa está aberto o prazo de inscrición na CAMPAÑA: ACCIÓN VERÁN 2008 da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar para os campamentos dirixidos a nenos e nenas de 9 a 17 anos e p...

Catálogo de árbores senlleiras

O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO IES DE TOMIÑO coa colaboración do CONCELLO DE TOMIÑO, vai traballar na elaboración dun CATÁLOGO DAS ÁRBORES SENLLEIRAS DO NOSO CONCELLO. Para facer unha guía é precisa a colaboración de todos e todas, só así poderemos acceder a todos os lugares do Concello. Se coñeces unha árbore ou formación vexetal que mereza ser incluída no catálogo, recolle datos sobre ela enchendo unha ficha que podes pedir en Conserxería. Todos os alumnos e alumnas que participen achegando información sobre algunha árbore senlleira entrarán no sorteo do ORDENADOR PORTÁTIL donado pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Tomiño. Por cada dato proporcionado (correcto e comprobado pola organización) o participante terá unha opción no sorteo. Cantos máis datos traias, máis posibilidades tes de conseguir o ordenador. As opcións do sorteo chamarémolas COCAS (as bólas dos carballos) e cada participante recibirá tantas cocas numeradas como datos entregue. Utilizaremos as c...