Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta curiosidades

Cogomelos no centro

Aproveitando a exposición de cogomelos feita no instituto polos nosos compañeiros de Ciclo Medio de Forestais podedes participar dende o voso móbil nun cuestionario sobre estes fungos.      Participa

Curiosidades para bibliófilos

Moita xente goza cos datos curiosos, os récords e rarezas das materias que lles atraen especialmente, por exemplo no noso caso a lectura. O ano pasado publicouse en Xapón o libro máis pequeno do mundo , pero tamén podemos preguntarnos cal é o libro máis vendido, o máis grande, o máis longo... Todas estas preguntas e moitas máis atoparán resposta neste simpático blog que recomendamos a todos os amantes do libro e a lectura: libros singulares

Literatura comestible

Moitas veces oirías que un determinado libro é "indixesto" ou que "non hai quen o trague". Ben, pois a partir de agora tamén o poderemos dicir en sentido literal: un restaurador de Murcia vén de presentar no Instituto Cervantes de Pekín os seus menús literarios con nomes como O Libro Vermello con Gamba , a Cortiza Cortázar en Rayuela ou As Mil Follas do Quixote . Ofrece papeis comestibles a diferentes clientes, con diferentes acabados, cheiros e sabores personalizados, ríxidos ou flexibles, en tiras ou en 3D, minúsculos ou en paneis de 30 metros. Parece mentira pero é VERDADE, compróbao AQUÍ

Verdade ou mentira?

Hai moitas noticias falsas en Internet, algunhas disparatadas, outras interesantísimas... Propoñémosvos un xogo que consiste en descubrir se a seguinte nova é certa ou é un " bluff " (noticia falsa difundida na Rede). A nova sería algo así: "O libro que se autodestrúe" Para que os libros non teñan que esperar para ser lidos, a editorial independente arxentina Eterna Cadencia lanzou un orixinal proxecto denominado "O libro que non pode esperar". O texto desaparece aos 60 días de ser aberto! Os libros están selados pero cando o futuro lector quita o envoltorio e as follas entran en contacto co aire, a tinta comeza a desaparecer. Nese momento empeza a conta atrás e o lector ten só sesenta días para ler a obra antes de que as follas queden en branco. O inconveniente é que coas letras desaparece tamén a posibilidade de volver gozalo... Pois si, por incrible que pareza era VERDADE

Feliz Samhaín

Convidámosvos a bailar unha DANZA MACABRA nesta noite tan especial.  Camille Saint-Saëns compuxo este poema sinfónico inspirado nun poema de Henri Cazalis , que describe á Morte tocando o violín a media noite sobre unha tumba.  É unha viva melodía a ritmo de vals francés, e ao  seu ritmo acoden os esqueletos dos mortos para danzar. O canto do galo anunciando que nace o día fai que todos regresen ás súas tumbas, volvendo a calma. Para o violín que toca a Morte, Saint-Saëns afinou a primeira corda en mi bemol en lugar do mi natural, por iso ten un sonido tan tétrico. Estrutura: 1- As doce badaladas de media noite: silencio e calma. 2- A Morte sae da súa tumba e afina o violín (notade ese son tan especial, brrrrrrr)... 3- Empeza a tocar: ritmo de vals. 4- As tumbas vanse abrindo e os esqueletos asoman bailando... Todos bailan! 5- A morte volve afinar. 6- Volta ao ritmo de vals. Agora bailan con máis forza. 7. Os esqueletos chocan cos outros nas súas evoluc...