O pasado luns pola tarde celebramos no instituto unha mestura de Magosto e Samaín nunha festa á que xa nos afixemos nos últimos anos. Moitos alumnos e profesores comemos no centro os saborosos bocadillos e as castañas que prepararon os alumnos de Forestais e as pizas e sobremesas cuxa esmerada elaboración debemos aos alumnos de 4º ESO que este ano irán de viaxe de fin de etapa. Os que quixeron participaron en deportes tradicionais, animáronse co sempre exitoso karaoke ou se presentaron a algún concurso (cabazas, fotografía...). Todo isto, aderezado coa colorida ambientación que correu a cargo do alumnado e profesores de Plástica. E, como o de atoparnos os vivos e os mortos nalgún punto do camiño gústanos tanto, xa temos unha escusa perfecta para ler un libro de terror ou fantasmagórico. Todos estes podedes vir buscalos á biblioteca. Relatos breves, contos, lendas... El fantasma de Canterville y otros cuentos , de Óscar Wilde (andel 156, en español). Os Relatos de ...
Blog da Biblioteca do IES Antón Alonso Ríos - Tomiño