Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta libros

Encontro con Manuel Rivas

Este venres tivemos o pracer de escoitar a Manolo Rivas a propósito de O lapis do carpinteiro . Gardaremos sempre a lembranza deste encontro, e un exemplar fermosamente asinado que nos emociona moito.

O lapis do carpinteiro

O venres 16 de marzo estará connosco Manuel Rivas , para falar de O lapis do carpinteiro co alumnado de 1º e 2º bacharelato

O segredo da casa de Formoso

O vindeiro luns 5 de febreiro, ás 10:00h estará connosco HECTOR CAJARAVILLE para falarlle ao alumnado de 4º ESO do libro que estiveron a ler  O segredo da casa de Formoso .

Imos ó teatro: achegámonos a Cousas de Castelao

O pasado venres 10 de febreiro, uns douscentos alumnos de 1º e 4º de ESO asistiron na Casa da cultura a unha representación teatral baseada no clásico da literatura gallega  Cousas , de Castelao. Nesta proposta teatral da man de Os Quinquillans tentouse ser fiel á obra, publicada en 1926, e composta por pequenos relatos que o autor de Rianxo ilustraba cun debuxo. Na esencia de Cousas está a sociedade galega, o retrato dunha época afastada no tempo, pero con moito de global e atemporal. A montaxe provocou en moitos momentos o riso, posto que Castelao manexaba coma ninguén a retranca, a comedia, a farsa; mais tamén estivo moi presente a tristura e a traxedia, sentimentos variados que se desprenden da obra. Apareceron en escena relatos tan coñecidos como "O pai do Migueliño", que recrea a dureza da emigración, unha temática que tristemente segue a resultar actual; ou o "Rifante", que despois de coñecer o éxito non soubo xestionar unha época mala e cría que a verg...

Tres novidades en lingua castelá, recomendadas para o segundo trimestre

1) El mar , de Patricia García Rojo. Rob tiña sete anos cando o mar levoullo todo. Agora, once anos despois, a xente visita en catamarán os pobos dos tellados onde viven os que, como Rob, decidiron quedar nos terreos que gañou o mar. Para o resto da xente pasaron a ser unha atracción turística, e  é que non todo o mundo entende por que non volveron terra dentro, como os demais sobreviventes. O libro está dividido en cen capítulos curtos e sorprende pola súa construción en círculos que van   desde un feito ancorado na realidade -un tsunami- ata a fantasía dunha pedra rosa con propiedades   máxicas, para demostrar que o mundo non é o que   parece. A autora fala neste vídeo sobre o libro, o resto da súa produción literaria e o que sentiu ao gañar o Premio Angular do 2015. Se queredes ter unha opinión do libro, podedes ver a seguinte  videorreseña . 2) El libro de los rostros , de Ana Alonso y Javier Pelegrín. Unha lectura curta, ...

O home que plantaba árbores

Unha parábola sobre a relación entre o home e a natureza, pretende crear conciencia medioambiental sobre a importancia que teñen as árbores para o equilibrio do planeta e o benestar humano. Con esta fantástica obra, o escritor francés Jean Giono aporta o seu gran de area na defensa dos bosques do planeta. Se despois de ver a película queres lela, pídea na nosa biblioteca.

Curiosidades para bibliófilos

Moita xente goza cos datos curiosos, os récords e rarezas das materias que lles atraen especialmente, por exemplo no noso caso a lectura. O ano pasado publicouse en Xapón o libro máis pequeno do mundo , pero tamén podemos preguntarnos cal é o libro máis vendido, o máis grande, o máis longo... Todas estas preguntas e moitas máis atoparán resposta neste simpático blog que recomendamos a todos os amantes do libro e a lectura: libros singulares

Ler online, de balde e legalmente

Nos tempos que corren cada vez é máis difícil chegar a fin de mes, e xa non digamos atopar a un prezo razoable boas propostas de ocio, así que é bo aproveitar as posibilidades da internet, como por exemplo ler online, completamente de balde, moitos títulos en plataformas coma esta:   Feliz lectura!

Verdade ou mentira?

Hai moitas noticias falsas en Internet, algunhas disparatadas, outras interesantísimas... Propoñémosvos un xogo que consiste en descubrir se a seguinte nova é certa ou é un " bluff " (noticia falsa difundida na Rede). A nova sería algo así: "O libro que se autodestrúe" Para que os libros non teñan que esperar para ser lidos, a editorial independente arxentina Eterna Cadencia lanzou un orixinal proxecto denominado "O libro que non pode esperar". O texto desaparece aos 60 días de ser aberto! Os libros están selados pero cando o futuro lector quita o envoltorio e as follas entran en contacto co aire, a tinta comeza a desaparecer. Nese momento empeza a conta atrás e o lector ten só sesenta días para ler a obra antes de que as follas queden en branco. O inconveniente é que coas letras desaparece tamén a posibilidade de volver gozalo... Pois si, por incrible que pareza era VERDADE

Como defenderes os teus dereitos lingüísticos

Podes atopar o libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos no andel de Novidades da nosa Biblioteca. Ou podes pedírllelo aos Reis... Tamén podes visitar o blog de Carlos Callón

O polémico retorno de Guillermo de Baskerville

      O escritor italiano Umberto Eco volveu a escribir a novela que lle deu fama, El nombre de la rosa , para facela máis accesible ás novas xeracións. O obxectivo é que os que só coñecen a obra por fragmentos lidos en internet poidan lela completa sen dificultade.       A novela publicouse por primeira vez en 1980, é un auténtico éxito de vendas traducido a máis de 47 linguas e moitos a consideran un dos cen títulos fundamentais do século XX.       En  El nombre de la rosa  dous monxes, o franciscano Guillermo de Baskerville (personaxe baseado no filósofo Guillermo de Occam e no detective literario Sherlock Holmes) e o seu pupilo, Adso de Melk, investigan unha serie de asasinatos nun mosteiro benedictino, todos eles relacionados cun libro prohibido. En 1986, o cineasta francés Jean-Jacques Annaud rodou unha adaptación cinematográfica, con Sean Connery no papel de Baskerville e Christian Slater como ...

Eu tamén leo... Los hijos de la Tierra

Agora que regresamos despois dos meses de verán, nos que tivemos tempo de ler á nosa vontade, os profesores e profesoras do centro coméntannos as súas lecturas vacacionais. Hoxe Carlos Villanueva, profesor de Bioloxía , fálanos da serie LOS HIJOS DE LA TIERRA, de JEAN M. AUEL :        Moitos fomos os que sucumbimos nos anos oitenta ao atractivo da historia da nena Cromagnon criada por Neanderthais. Tratábase dunha novela sen gran valor literario, pero moi dinámica, escrita con corrección e, sobre todo, que trataba un tema de gran atractivo para calquera estudante de Bioloxía, a saber, a posible convivencia entre as dúas variedades de homes que ocuparon Europa e Asia Menor durante os últimos períodos glaciais. A autora facía gala dun exhaustivo labor de documentación, e na obra non faltaban referencias aos achádegos arqueolóxicos e estudos sobre a industria lítica máis importantes e avanzados do momento.        Trinta anos des...

Maio de 2011

No andel de Novidades da nosa Biblioteca este mes non poden faltar dous textos dos que todo o mundo fala.   Indignaos! Reacciona. 10 razones por las que debes actuar frente a la crisis económica, política y social

Centenario de Álvaro Cunqueiro

No 2011 temos unha cita co universo literario e biográfico de Álvaro Cunqueiro: celébrase o centenario do nacemento do escritor.   Recursos e información sobre esta conmemoración AQUÍ A biblioteca pon á túa disposición a obra de Cunqueiro así como estudos sobre o escritor e os seus mundos literarios, e tamén a Fotobiografía Sonora  editada por Ouvirmos que contén numerosos textos, fotografías e dous CD, un traballo fermosísimo da profesora Rexina Vega.

Semana da Ciencia na nosa Biblioteca

Do 8 ao 21 de novembro Como cada mes de novembro, o mundo da ciencia e a innovación quere achegarse a ti co gallo da Semana da Ciencia , o maior evento de comunicación social da ciencia e a tecnoloxía. En realidade son quince días nos que os museos, universidades, centros de investigación, parques tecnolóxicos e mesmo empresas, organizan exposicións, cursos, visitas, obradoiros, mesas redondas, excursións ou conferencias, amosando ao público en xeral o seu traballo diario, tanto nos aspectos máis curiosos como nos máis descoñecidos. A nosa Biblioteca, consciente da necesidade de crear un entorno social máis proclive á ciencia e á innovación, súmase a esta celebración organizando unha exposición de libros de temática científica , co obxectivo de aprender sobre ciencia, afeccionarnos a ela e atopar respostas a moitos interrogantes que xorden na vida cotiá. Neste sentido Mariló Fernández Mira , profesora de Matemáticas, recomenda ao profesorado un dos libros que a Biblioteca che ofrece: L...

As goleadoras de Tomiño

O equipo de fútbol sala feminino infantil do IES de Tomiño gañou este ano a final do campionato de liga escolar, e o equipo cadete acadou o segundo posto da súa categoría. A súa adestradora, a profesora Ledicia Seoane , fala con entusiasmo destas alumnas de 1º e 2º de ESO: - Comezamos o adestramento no pasado mes de novembro - conta - Adestramos un recreo cada semana, e os mércores pola tarde. A partir do mes de febreiro engadimos otura sesión de adestramento, os venres pola tarde no Pavillón Municipal. Posteriormente a Concellería de Deportes do Concello de Tomiño doou os equipamentos necesarios e xogamos na liga escolar. O Concello aportou tamén os trofeos para a Xornada de Portas Abertas. Nótase que apreza moito os resultados obtidos en tan pouco tempo. Pero o feito de gañar é o que menos lle preocupa, ela valora máis a mellora que pode ir vendo na coordinación dos movementos e o traballo en equipo. - Por iso temos que xogar todas e avanzar todas ao mesmo tempo, pois ao final o que ...

Visita de Anxo Fariña

O autor da serie dos Megatoxos visitou o noso centro o día 25 de novembro para conversar co alumnado de 2º ESO sobre o proceso de creación de historias dentro dunha iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Servizo de Normalización do Concello de Tomiño. Estamos desexando ler a terceira entrega, e tamén as sucesivas posto que están previstos sete volumes, algún dos cales sabemos de boa tinta que nos trasladará xa non ao pasado senón ao futuro...

Eu tamén leo...La pasión india

Chegou o verán, tempo de lecer e, como non, de ler. Propoñémosvos unha viaxe á India para estas vacacións. Un libro que vale a pena , por Alberto Fagín, profesor do Ciclo de Traballos Forestais A protagonista é unha moza andaluza, a principios do século XX, que vive en Madrid e traballa como bailaria nun local de recoñecido prestixio. O local recibe un día a visita dun Rajá hindú que queda prendado da súa beleza. Entón empeza unha relación amorosa que termina coa sua unión e a moza convértese na nova princesa de Kapurtala, unha rexión moi pobre da India. Ó longo da novela cóntase a historia desa muller que narra as súas vivencias nun lugar tan diferente do que ela coñecía, a convivencia multicultural nese enorme país de tanta diversidade relixiosa, como funcionaba a ocupación británica e como había conflitos entre ámbalas dúas partes, describe a problemática (que aínda existe actualmente) no norte do país, e sobre todo o libro é magnífico pola extraordinaria descrición que fai dos cost...

Eu tamén leo... “El maravilloso viaje de Nils Holgersson”

Os libros que lemos cando nenos acompáñannos para sempre. Realmente, non seriamos nós mesmos sen eles. Algúns, co paso do tempo, convértense en clásicos, como este de Selma Lagerlöf, Premio Nobel de Literatura en 1909. A infancia é a nosa patria , por Eduardo Fresco, profesor de Filosofía Se é certo que a infancia é a nosa patria, o meu país nativo tal vez fora Suecia. Cando era aínda máis pequeno que agora, sempre, sempre que estaba enfermo (e librábame de ir ao colexio) lía o mesmo libro: “El maravilloso viaje de Nils Holgersson a través de Suecia”, de Selma Lagerlöf. Conta cómo un rapaz é convertido nun duende e emprende, subido a un ganso doméstico adoptado por unha bandada de gansos salvaxes, unha longa migración cara ao norde a través de toda Suecia. En realidade (iso entendino máis tarde) é un libro de xeografía para escolares escrito por encargo do goberno, grazas ao cal miles de rapaces suecos aprenderon, dende 1906, a mitoloxía, a historia e os costumes do país, a ubicación ...

Eu tamén leo... Crepúsculo

Stephenie Meyer é unha autora norteamericana que actualmente fascina á mocidade do mundo enteiro coa súa obra Crepúsculo e as secuelas Luna Nueva e Eclipse . De momento podes conseguir estas obras na Biblioteca, mentres esperamos con impaciencia os dous volumes que aínda faltan por publicar, Breaking Dawn ( Rompendo o mencer ) e Midnight Sun ( Sol de Medianoite ). Unha de amor ................. por Nerea Vergara González, 1ºbac Isabella Swam non quere realmente vivir co seu pai en Forks, unha cidade onde sempre chove e nunca hai sol... Pero este só será o primeiro paso cara unha gran aventura, cara unha serie de descubrimentos que cambiarán a súa forma de ver o mundo, cara un grande amor. O éxito da serie de Stephenie Meyer (composta ata o de agora por Crepúsculo , Luna Nueva e Eclipse ) baséase na visión completamente diferente que ten dos vampiros e outros seres mitolóxicos que formaron parte sempre de multitude de lendas populares. Por primeira vez un autor achega ao vampiro a ...