Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta ecoloxía

Compromiso co Medio Ambiente

Dentro da nosa preocupación polo Medio Ambiente, o IES de Tomiño está a desenvolver a campaña "Usa Friameira" : en vista da cantidade de recursos do planeta que se gastan na produción de papel de aluminio, comprendemos que envolver en papel de aluminio o bocadillo é innecesario e absurdo. Pódese comprobar que cada día somos máis os que traemos friameira. Este é o cartel que se deseñou no centro en favor desta iniciativa: Por outra parte, o Equipo de Normalización Lingüística e o Departamento de Forestais puideron finalmente realizar os actos previstos para a celebración do Día da Árbore , que no seu momento foran aprazados polos destrozos sufridos no centro por causa do temporal. A actividade consistiu na plantación de exemplares de especies autóctonas no recinto do IES, no xardín situado enfrente do centro e no parque que rodea o novo centro de saúde. Na actividade participaron 100 estudantes de 1º de ESO, así como o alumnado do Ciclo de Actividades Forestais e do PCPI.

Hora do planeta

Este sábado 27, entre as 20:30 e as 21:30 h. será A HORA DO PLANETA 2010 A Hora do Planeta é unha iniciativa global de WWF onde individuos,organizacións, empresas e gobernos apagan as luces durante unha hora para votar en favor da acción sobre o cambio climático. Ao votaren cos seus interruptores de luz, os participantes da Hora do Planeta envían unha poderosa mensaxe visual aos seus dirixentes esixindo acción inmediata sobre o cambio climático. A próxima Hora do Planeta terá lugar o sábado, 27 de marzo de 2010 ás 20:30, hora local. Millóns de personas en todo o mundo apagarán as súas luces durante unha hora, simbolicamente, chamando á acción sobre o cambio climático. En 2009 uns mil millóns de persoas de máis de 4000 ciudades en 88 países participaron neste evento. En España participaron uns catro millóns de persoas e 200 cidades, apagando edificios emblemáticos como a Alhambra de Granada, a Cibeles, o museo Guggenheim, la torre Agbar de Barcelona e centos de edificios máis. ...