Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2011

A lectura e o goce da pertenza

Por que a lectura é un antídoto poderoso contra a soedade? Cando lemos, psicoloxicamente pasamos a formar parte da comunidade que se describe no relato. Este mecanismo satisfai unha necesidade profundamente humana e evolutivamente importante: a necesidade de pertenza. Un estudo realizado na Universidade de Buffalo comprobou como se produce este fenómeno. Os investigadores avaliaron aos participantes, 140 estudantes, en función da súa identificación con determinados grupos e o grao de satisfacción que obtiñan da súa pertenza a estes grupos. Despois, a unha parte destes estudantes fixéronlles ler unha pasaxe da novela "Crepúsculo" na que Edward describe as súas sensacións como vampiro e o seu interese romántico por Bela; outros leron unha pasaxe de "Harry Potter e a pedra filosofal", onde Harry está en clase de "Pocións" co profesor Severus Snape. Os participantes tiveron 30 minutos para ler a pasaxe, e indicóuselles que lesen só por pracer. A continuación ...