Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2015

Decora a túa aula

Unha vez máis traémosvos ideas para ambientar as aulas, neste caso temos, por un lado, estas propostas de decoración invernal: decoración invernal, en IMAGENES EDUCATIVAS E por outro lado podedes atopar varias propostas interesantes de Nadal: - DESEÑA A TÚA PROPIA ÁRBORE DE NADAL -  ÁRBORES DE NADAL CON MATEIRAIS RECICLADOS - ADORNOS DE NADAL CON MATERIAIS RECICLADOS E para os máis peques, preciosas láminas para colorear: COLOREAR O NADA L

Comunicarse non é guasapear

Expertos en psicoloxía e comunicación advirten sobre o mal que se comunica a través do whatsapp, o fácil que é acumular malentendidos e estrés, o recomendable que é falar en persoa os temas importantes. Porque a comunicación non só consiste en palabras, e os aspectos comunicativos da linguaxe non verbal, as expresións faciais, o contacto afectivo, son tan importantes como o significado verbal, ás veces incluso máis. Amplía esta noticia AQUI

O home que plantaba árbores

Unha parábola sobre a relación entre o home e a natureza, pretende crear conciencia medioambiental sobre a importancia que teñen as árbores para o equilibrio do planeta e o benestar humano. Con esta fantástica obra, o escritor francés Jean Giono aporta o seu gran de area na defensa dos bosques do planeta. Se despois de ver a película queres lela, pídea na nosa biblioteca.

Mellorando a lectura

Compartímosvos esta excelente páxina para mellorar as habilidades lectoras, non deixedes de visitala e probar as actividades que ofrece:  LECTURA AGIL