Porque o teatro tamén se pode e se debe ler, invitamos a vir de visita e tertulia ao autor de Limpeza de sangue , o dramaturgo Rubén Ruibal. O alumnado de 4º ESO realizou unha lectura dramatizada desta obra pola que Ruibal recibiu o XIV Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais en 2005 e mais o Premio Nacional de Literatura Dramática en 2007. Neste 2º trimestre, puidemos ir falando con el e soubemos que ideou a obra como unha homenaxe ao seu mestre nisto do teatro, a Roberto Vidal Bolaño. Coñemos a motivación para as personaxes que aparecen, tan reais como real foi a dureza coa que as drogas, a corrupción e o amiguismo se asentaron en calquera cidade, coma a cidade galega en que habitan estas personaxe de Limpeza de sangue . Rubén Ruibal asinounos exemplares do libro seu que lemos e tamén nos agasallou con outras obras del para a nosa biblioteca. Así pois, recomendamos ler teatro, porque podemos imaxinar a escificación, porque os diálogos conseguen que a ...
Blog da Biblioteca do IES Antón Alonso Ríos - Tomiño