Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2024

Carné xove no IES

O pasado día 28 de febreiro, viñeron da Xunta para facer a todo o que quera o Carné xove totalmente gratuíto, dende 2 hora ata o final do recreo. Despois, a 5º hora, viñeron a dar unha charla aos nosos Correspondentes Xuvenís sobre as vantaxes do Carné xove.

Concurso Lingua de namorar 2024

       Dende a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e a Secretaría Xeral de Política Lingüística faise un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega.      O concurso deste 2024, como todos os anos, vai dirixido a mozos e mozas de 14 a 35 anos. O prazo para enviar as mensaxes remata o 1 de abril . Do 2 ao 7 de abril abrirase o período de votación. Para máis información, acude ao seguinte enlace:  http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar

VOLUNTARIADO NO ESTRANXEIRO

Dende a Xunta de Galiza abriron o pasado 29 de febreiro as prazas para apuntarse aos voluntariados no estranxeiro. Estes voluntariados son para persoas de máis de 18 anos. No enlace tedes máis información.  http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran