Saltar ao contido principal

Semana da Ciencia na nosa Biblioteca

Do 8 ao 21 de novembro

Como cada mes de novembro, o mundo da ciencia e a innovación quere achegarse a ti co gallo da Semana da Ciencia, o maior evento de comunicación social da ciencia e a tecnoloxía. En realidade son quince días nos que os museos, universidades, centros de investigación, parques tecnolóxicos e mesmo empresas, organizan exposicións, cursos, visitas, obradoiros, mesas redondas, excursións ou conferencias, amosando ao público en xeral o seu traballo diario, tanto nos aspectos máis curiosos como nos máis descoñecidos.

A nosa Biblioteca, consciente da necesidade de crear un entorno social máis proclive á ciencia e á innovación, súmase a esta celebración organizando unha exposición de libros de temática científica, co obxectivo de aprender sobre ciencia, afeccionarnos a ela e atopar respostas a moitos interrogantes que xorden na vida cotiá.

Neste sentido Mariló Fernández Mira, profesora de Matemáticas, recomenda ao profesorado un dos libros que a Biblioteca che ofrece: La pizarra digital interactiva (PDi) en la educación:

O Encerado Dixital Interactivo apareceu nos últimos anos no medio dese escenario de transformación social que está a sufrir o mundo educativo co uso das Tecnoloxías da Información e da Comunicación.

Naceu dunha necesidade de adaptación do encerado dixital tradicional, que ve como os contidos dixitais xunto coas simulacións e o mundo da rede, queren seguir formando parte dela.

Na biblioteca do IES de Tomiño, sabendo as necesidades que todos temos de coñecer o funcionamento desta ferramenta tan novidosa, decidiuse mercar este libro para axudarmos nesa tarefa. Este manual que hoxe presentamos, vainos ensinar todo o indispensable para manexar con soltura os tres encerados dos que hoxe xa dispoñemos, así coma os cinco dos que imos dispoñer nun futuro inmediato.

Neste libro encontraremos moitas técnicas de deseño das nosas clases empregando a tinta dixital. Aprenderemos como colocar todo tipo de elementos procedentes da Rede, das editoriais ou dos propios recursos que crean os profesores. E sobre todo descubriremos como dotalos desa interactividade que, sen dúbida, mellorará o ensino na aula
.