Dúas perspectivas conviven hoxe no universo literario: a tradicional e a dixital. Vivimos un periodo de transición cara a un mundo onde o importante non é coñecer un dato senón saber onde facer click para atopalo.
Soportes electrónicos de lectura, librarías e bibliotecas virtuais, autores cos que debater online, narrativa hipertextual, comunidades culturais en internet, acceso ilimitado a case todo tipo de obras, posibilidade de converterte en creador, en instrumento do saber, da arte ou do entretemento... Todos estes avances non ameazan á literatura, nin sequera ao libro, como tampouco no seu momento a chegada do cine, a TV e a internet significaron, como algúns profetizaban, o final da ficción literaria; pola contra, os autores aprenderon a convivir con estes medios, mesmo adoptaron nas súas obras procedementos do cine, e a relación entre cine e literatura foi e segue a ser fructífera.
Internet propicia un contacto dos autores co seu público cheo de vantaxes para ambas partes. Un escritor pode recibir novas ideas, corrección de inexactitudes ou erratas nos seus libros, bibliografía... mentres o lector recibe adiantos dunha obra, materiais complementarios e confidencias do autor. Interactuar é a clave en Internet, non só se trata de dar información aos lectores senón tamén de recibila, ou tamén, por que non, autor e lector poden crear xuntos. Case todos os autores de éxito teñen webs modélicos, especialmente cando se centran no público xuvenil (JK Rowling, Laura Gallego). Case todas as editoriais teñen minisites específicos para determinados libros ou autores, ademais de que xa se habituaron a ofrecer online o primeiro capítulo de calquera lanzamento medianamente relevante.
Tamén as comunidades de lectores son fundamentais: nelas os lectores comparten, intercambian, crean, opinan, debaten, propoñen títulos e autores, organizan actividades de todo tipo...
O 80% dos lectores españois ten computadora na casa e o 65% usa internet; deles, o 19% descarga literatura, especialmente os menores de 24 anos e os maiores de 65 (informe da Federación de Gremios de Editores de España).
Desde este blog queremos fomentar a lectura en todas as súas formas e por iso, co comezo do curso, engadiremos unha nova páxina onde se ofrezan enlaces a todos os recursos que os afeccionados á lectura e á escritura podemos utilizar na Rede.