Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2012

Feliz Samhaín

Convidámosvos a bailar unha DANZA MACABRA nesta noite tan especial.  Camille Saint-Saëns compuxo este poema sinfónico inspirado nun poema de Henri Cazalis , que describe á Morte tocando o violín a media noite sobre unha tumba.  É unha viva melodía a ritmo de vals francés, e ao  seu ritmo acoden os esqueletos dos mortos para danzar. O canto do galo anunciando que nace o día fai que todos regresen ás súas tumbas, volvendo a calma. Para o violín que toca a Morte, Saint-Saëns afinou a primeira corda en mi bemol en lugar do mi natural, por iso ten un sonido tan tétrico. Estrutura: 1- As doce badaladas de media noite: silencio e calma. 2- A Morte sae da súa tumba e afina o violín (notade ese son tan especial, brrrrrrr)... 3- Empeza a tocar: ritmo de vals. 4- As tumbas vanse abrindo e os esqueletos asoman bailando... Todos bailan! 5- A morte volve afinar. 6- Volta ao ritmo de vals. Agora bailan con máis forza. 7. Os esqueletos chocan cos outros nas súas evoluc...

Día da Biblioteca

Tecnoloxías e educación

Interesante conferencia de JORDI ADELL, Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación, sobre o uso das tecnoloxías na aula, para reflexionar neste comezo de curso...

Unha visión diferente da hiperactividade

Ao comezar o curso estamos todos e todas coñecéndonos e aprendendo a convivir con novos profesores e alumnos, afacéndonos a horarios diferentes e tantas outras adaptacións necesarias para que a experiencia educativa funcione. Hoxe propoñémosvos unha visión diferente do TDAH, cada vez máis frecuente nas nosas aulas, esperando que contribúa a unha maior comprensión do problema: .  

Aí vén o Maio...

Un ano máis chega o Mes das Letras e con el as actividades de promoción da lingua galega como "Lingua de namorar" ou "Tíralle da lingua" nas que vos animamos a participar. No noso centro celebraremos a Festa das Letras o venres 18 de maio con diversas actividades, xincana, recitado de poemas, entrega de pedras no Milladoiro das Palabras, etc.

O pracer dos libros

Como defenderes os teus dereitos lingüísticos

Podes atopar o libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos no andel de Novidades da nosa Biblioteca. Ou podes pedírllelo aos Reis... Tamén podes visitar o blog de Carlos Callón