Se precisas concentrarte para estudar ou facer as túas tarefas aquí atoparás algúns consellos prácticos: 1. Comeza por establecer prioridades: decide o que farás, cando o farás, que deixarás de lado para outro momento, que farás primeiro e que despois. Se claro e realista, e toma nota do que decidiches. 2. Elimina todo o que poida distraerte: apaga o móbil, a televisión, a radio, e escolle un lugar cómodo. Se outras persoas fan ruído ao teu redor utiliza tapóns auditivos ou auriculares para minoralo. 3. Ordena todo o material que vas utilizar e deixa todo ao alcance da man. Ao estudar podes utilizar subliñado, esquemas, resumos, e resaltar o máis importante con diferentes cores. 4. Cambia de materia cada certo tempo. Ademais está comprobado que logo de 90 minutos a concentración pérdese, polo que é bo descansar un pouco despois deste tempo: escoita música, come unha mazá, toma un té, etc. e logo volve ao teu lugar de estudo ou traballo. 5. Mantén o teu...