Saltar ao contido principal

Mellorando o noso traballo

Se precisas concentrarte para estudar ou facer as túas tarefas aquí atoparás algúns consellos prácticos:
 1. Comeza por establecer prioridades: decide o que farás, cando o farás, que deixarás de lado para outro momento, que farás primeiro e que despois. Se claro e realista, e toma nota do que decidiches.
 2. Elimina todo o que poida distraerte: apaga o móbil, a televisión, a radio, e escolle un lugar cómodo. Se outras persoas fan ruído ao teu redor utiliza tapóns auditivos ou auriculares para minoralo.
 3. Ordena todo o material que vas utilizar e deixa todo ao alcance da man. Ao estudar podes utilizar subliñado, esquemas, resumos, e resaltar o máis importante con diferentes cores.
 4. Cambia de materia cada certo tempo. Ademais está comprobado que logo de 90 minutos a concentración pérdese, polo que é bo descansar un pouco despois deste tempo: escoita música, come unha mazá, toma un té, etc. e logo volve ao teu lugar de estudo ou traballo.
 5. Mantén o teu lugar de estudo ordenado e limpo, con todo o necesario ao teu alcance e sempre no mesmo lugar, para atopalo con facilidade e sen perder tempo.
 6. Cando os traballos que debas realizar sexan moi complexos é mellor dividilos en partes e ir cumprindo con cada unha delas pouco a pouco, así evitarás a ansiedade e verás que vas cumprindo con cada paso ata finalizalo; cada vez que cumpras unha parte prémiate con algo do teu agrado como un descanso, mirar a televisión, tomar un refresco, falar por teléfono ou saír a dar unha volta, o que máis che apeteza.
 7. Durmir a cantidade de horas que o teu corpo necesita é fundamental, porque se non descansas ben vaste cansar antes de acabar as túas tarefas.
 8. Elixe o mellor momento do día para ti: trata de descubrir se os traballas mellor pola mañá, a tarde ou a noite. Seguindo estes consellos verás que a túa concentración aumenta e poderás obter mellores resultados.